A VIDA DE FRAGA, Á PEQUENA PANTALLA

14 / 02 / 2012

Voz Audiovisual e a produtora responsable de “Cuéntame cómo pasó”, Grupo Ganga Producciones, chegaron a un acordo de colaboración para levar á ficción a vida do recentemente falecido Manuel Fraga Iribarne. O proxecto, que actualmente encara a súa fase de desenvolvemento, aproximarase á traxectoria política e persoal dun dos personaxes máis relevantes da historia de España dos últimos 50 anos, tomando inicialmente o formato dunha miniserie de 3 capítulos de hora e media de duración cada un. Fontes de ambas compañías non descartan a posibilidade de que o proxecto se complete cunha longametraxe para a gran pantalla.

A produtora da Corporación Voz de Galicia e Grupo Ganga  Producciones destacan o amplo esforzo documental necesario para poder alcanzar un retrato fidedigno dunha figura que ocupou postos de gran responsabilidade tanto na dictadura como na transición e durante a democracia.

Para achegarse á figura de Manuel Fraga desde tódolos ángulos, mantendo sempre un ton acorde co personaxe e a realidade histórica, os responsables de Voz Audiovisual, Carlos Carballo, e de Grupo Ganga Producciones, Miguel Angel Bernardeau,  conviñeron en contar en todo caso co visto bó da familia Fraga á hora de plantexar tanto a estrutura como as principais liñas argumentais, así como para asegurar o contraste e a exactitude de información que se manexe para levar a cabo o proxecto. Igualmente contarase coa colaboración e as testemuñas dos principais coetáneos políticos do líder conservador, dentro das labores de contextualización e documentación que se utilizarán para o desenvolvemento dos guións.

Adamais dalgunhas localizacións no estranxeiro, o groso da produción levarase a cabo en escenarios de Madrid e de Galicia, mantense aínda en secreto o electo actoral que encarnará os papeis principais desta producción, cuxa estrea estímase podería ter lugar en pouco máis dun ano aproximadamente.

 

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: