UNHA CANDIDATURA UNITARIA PRESIDIDA DE NOVO POR MANOLO GÓMEZ, REXERÁ A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL OS PRÓXIMOS 3 ANOS

1 / 06 / 2006

A nova Xunta Directiva que preside Manolo Gómez, está integrada poos vicepresidentes Pepe Coira e María Bouzas, sendo vocais Carlos Amil, Carlos Ares, Xaime Fandiño, Rubén García-Loureda, Nani García, Paco Lodeiro e Tania Rodríguez, uns compoñentes que representan á práctica totalidade dos sectores profesionais que integran o audiovisual galego.
UNHA CANDIDATURA UNITARIA PRESIDIDA DE NOVO POR MANOLO GÓMEZ, REXERÁ A ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL OS PRÓXIMOS 3 ANOS

A Asemblea aprobou por unanimidade as contas dos exercizos da Xunta Directiva saínte

A.G.A., xoves 1 de xuño 2006.- Manolo Gómez continuará tres anos máis como Presidente da Academia Galega do Audiovisual, encabezando unha única candidatura presentada que reunificou a distintos profesionais presentados na anterior elección do 2003 en distintas candidaturas. Así, non fixo falta votación para elixir á única candidatura presentada: foi o asesor xurídico da A.G.A., Miguel Lorenzo, quen proclamou esta candidatura.

A nova Xunta Directiva que preside Manolo Gómez, está integrada poos vicepresidentes Pepe Coira e María Bouzas, sendo vocais Carlos Amil, Carlos Ares, Xaime Fandiño, Rubén García-Loureda, Nani García, Paco Lodeiro e Tania Rodríguez, uns compoñentes que representan á práctica totalidade dos sectores profesionais que integran o audiovisual galego.

No decurso da Asemblea celebrada onte a última hora da tarde na sé oficial da A.G.A. na Coruña, houbo tamén palabras de agradecemento –expresadas por Antón Reixa- para a xestión levada a cabo pola ata agora xerente da Academia, Mamen Quintas, que supuxo a columna vertebral das actividades e iniciativas levadas a cabo ó longo destes tres anos de mandato.

Categoría: Novas
Etiquetas: