MAÑÁ VENRES 31 DIMITE A XUNTA DIRECTIVA DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

30 / 03 / 2006

Seguindo o estipulado nos Estatutos que rexen o funcionamento da Academia Galega do Audiovisual, mañá venres 31 de marzo dimite a actual Xunta Directiva da Academia, que preside Manolo Gómez e que ten como Vicepresidentes a Miguel Anxo Fernández e a Isabel Blanco, e que esgotaron xa os 3 anos de mandato estipulados. Dende o luns día 3 de abril e ata o 15 de maio, estará aberto o prazo de presentación de Candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva, que será elixida polos socios e socias da Academia o próximo 31 de Maio.
MAÑÁ VENRES 31 DIMITE A XUNTA DIRECTIVA DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

O luns ábrese o proceso de presentación de candidaturas para a nova Xunta Directiva que se elixirá o 31 de maio

A.G.A., xoves 30 marzo 2006.- Seguindo o estipulado nos Estatutos que rexen o funcionamento da Academia Galega do Audiovisual, mañá venres 31 de marzo dimite a actual Xunta Directiva da Academia, que preside Manolo Gómez e que ten como Vicepresidentes a Miguel Anxo Fernández e a Isabel Blanco, e que esgotaron xa os 3 anos de mandato estipulados. Dende o luns día 3 de abril e ata o 15 de maio, estará aberto o prazo de presentación de Candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva, que será elixida polos socios e socias da Academia o próximo 31 de Maio.

Durante o vindeiro mes de abril, @s académic@s celebrarán a Asemblea Ordinaria anual que establecen os Estatutos, e nela, a Xunta Directiva en funcións presentará a Memoria de Actividades realizadas ó longo do seu mandato, actividades que abranguen dende Foros, Congreso, Seminarios, Cursos, os Premios Mestre Mateo e outras moitas actuacións encamiñadas a cumprir os fins polos que foi creada a Academia Galega do Audiovisual, como son a promoción e defensa da imaxe pública do conxunto dos profesionais do sector, premiar e galardoar ós profesionais ou as obras audiovisuais máis descadas no exercizo das súas actividades artísticas ou profesionais mediante a convocatoria dos Premios MM05, o desenvolvemento e perfeccionamento das distintas especialidades relacionadas coa produción audiovisual, o intercambio de experiencias entre os seus membros e a coordinación dos diferentes aspectos das súas actuacións e a análise dos problemas profesionais comúns, así como o establecemento de intercambios científicos e culturais con entidades similares, e outros fins semellantes conducentes á vertebración e posta en valor do sector audiovisual galego e os seus profesionais.

Etiquetas: