Hoxe luns, 27 de xaneiro ás 20.30 e 23h terá lugar a proxección de “Eid” e “Blage à part?” na sesión de filmoteca que organiza o Cineclube Padre Feijóo con entrada de balde. Ademáis, o mércores é a quenda da programación habitual con “No”. EID

Ano: 2011
País: Palestina
Director:
Saaheb Collective
Reparto:
Naama Hadaleen e Eid Suleiman Hadaleen
Duración: 9 min.
Produtores:
Saaheb Collective
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Eid Suliman é un artesán do plástico que vive en Palestina baixo a ocupación israelí, onde se adica á fabricación de obxectos con pezas que os demais considerarían refugallo. A pesar de non contar coa aprobación da súa comunidade, conságrase con paciencia e paixón á construción de miniaturas, unha tarefa que lle fai ser optimista ante a situación de conflito que se vive nos territorios palestinos.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio á mellor curtametraxe documental

O Colectivo Saaheb está composto por un grupo de amigos que cren no poder da arte e da creatividade como medios de transformación social; fundouse no 2011 e «Eid», que significa festa en árabe, é o seu primeiro proxecto colectivo.

 

BLAGUE À PART?

Ano: 2010
País: Francia | Palestina
Director: Vanessa Rousselot
Fotografía: Philippe Bellaiche
Duración: 54 min.
Son:
Ala Khoury Montaxe: Nadia Ben Rachid e Juliette Haubois
Exhibición: Dixital HD Br · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idioma: Árabe · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)

Sipnose:
Convencida de que o humor non ten fronteiras, unha realizadora lánzase, nun periplo nada habitual, en busca do humor en Cisxordania. Chistes, comentarios políticos burlóns e anécdotas do cotián, somérxena nun dos conflitos máis complexos da actualidade, onde ademais de controis e barreiras, tamén existe un espazo para as brincadeiras.

Premios e mencións:
2012 · Festival AMAL: premio ao mellor longametraxe documental.


Vanessa Rousselot é unha directora francesa moi nova que percorreu Cisxordania en busca do humor palestino. Os produtores apostaron pola promoción en liña do documental. Tamén realizou unha serie de retratos de debuxantes de banda deseñada de «Cartooning for Peace» orixinarios do mundo árabe.

 

 

 

 

 

Mércores, 29 de xaneiro

“No”

Este mércores, no salón de actos da biblioteca nodal de Ourense (rúa Concello 1), en sesións de 18, 20:30 e 23  h. e cunha cota xeral de entrada de 4  

 

Título: «No» · (Non)
Ano: 2012
País: Chile
Director: Pablo Larraín
Guión: Pedro Peirano
Música: Carlos Cabezas
Fotografía: Sergio Armstrong
Reparto: Gael García Bernal, Alfredo Castro, Luis Gnecco, Antonia Zegers, Néstor Cantillana
Duración: 116 min.
Productora: Fabula production | Participant Media | Funny Balloons
Distribuidora: Golem
Exhibición: Dixital 1’9 (BR/DVD) · Cor · Ratio 2.35:1 · Dolby dixital
Idiomas: castelán · VO (versión orixinal)

Sipnose:
René Saavedra (Gael García Bernal) é un executivo de publicidade que volta a Chile tralo exilio en México e deseña unha brilante e optimista campaña que propugna o «Non» ao plebiscito chileno de 1988. O seu obxectivo é poñer fin á dictadura militar e derrocar a Augusto Pinochet.

Premios e mencións:
2012 · Oscar: nominada á mellor película de fala non inglesa :: Festival de Cannes: Premio Quincena de Realizadores á mellor película :: Festival de La Habana: Mellor película :: Premios Ariel: Nominada a Mellor película iberoamericana