O SERVIZO Á CARTA DA WEB DA CRTVG, DISPOÑIBLE NUNHA APLICACIÓN PARA MÓBILES E IPAD

7 / 01 / 2013

O servizo á carta da web da CRTVG xa está dispoñible para todos os dispositivos móbiles smartphone ou co sistema operativo Android, e para iPad, a través das novas utilidades da aplicación app CRTVG. Outra das novidades que se incorporan é o servizo “Ver despois”, onde os usuarios poderán marcar os contidos que sexan do seu interese para poder velos máis tarde.

Esta nova aplicación supón para os usuarios a posibilidade de acceder facilmente a todos os programas da Televisión de Galicia que estean dispoñibles na páxina web da CRTVG; ter información de todas as novidades dos programas da TVG; seguir, en directo, toda a actualidade informativa, tanto da TVG como da Radio Galega; e compartir nas principais redes sociais todo o contido de actualidade e dos programas da TVG. Ademais, a través da app CRTVG, que é gratuíta, poderase acceder ás dúas canles internacionais da Televisión de Galicia (Galicia TV Europa e Galicia TV América) e ás tres emisións da Radio Galega (Radio Galega, Radio Galega Música e Son Galicia Radio).

Categoría: Novas
Etiquetas: