SEMINARIO DE COMPOSICIÓN DE MÚSICA DE CINE, DO 2 Ó 5 DE NOVEMBRO

30 / 10 / 2006

Aproveitando esta ocasión, a Academia Galega do Audiovisual organiza por primeira vez en Galicia, unha mesa redonda na que se darán cita os músicos e compositores que traballan no audiovisual galego para falar de cal é a situación actual, que perspectivas de futuro teñen, a relación coas produtoras, que ofrece a Xunta de Galicia, ou que consellos dar aqueles que queiran buscar o seu futuro no audiovisual. ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL
Mesa redonda: situación actual dos músicos no audiovisual galego

Entre os días 2 e 5 de novembro vaise celebrar na Coruña o Seminario de Composición de Música de Cine.

Aproveitando esta ocasión, a Academia Galega do Audiovisual organiza por primeira vez en Galicia, unha mesa redonda na que se darán cita os músicos e compositores que traballan no audiovisual galego para falar de cal é a situación actual, que perspectivas de futuro teñen, a relación coas produtoras, que ofrece a Xunta de Galicia, ou que consellos dar aqueles que queiran buscar o seu futuro no audiovisual …, en resumen falar deses temas dos que sempre se fala en privado pero desta vez en voz alta e clara para intentar chegar a unhas conclusións e quen sabe se dar o primeiro paso para mellorar esta situación.

A mesa redonda celebrarase o día 2 de novembro de 18.30 horas a 20.30 horas e están convidados todos os músicos, compositores, produtores, estudantes e interesados en xeral.

Cremos que esta é unha boa oportunidade para comezar a mellorar a situación dos músicos dentro do audiovisual.

Tamén vos convidamos a asistir ao relatorio que nos ofrecera antes (de 16:30 a 18:00 horas) Bernardo Fuster de Musimagen e que nos falará da situación laboral do compositor de música para a imaxe.

Lembra que a asistencia tanto para mesa redonda como ao relatorio de Bernardo Fuster é totalmente gratuíto e aberto ao público interesado, pero prégase confirmar asistencia no 981 227 701 ou info@academiagalegadoaudiovisual.gal .

Mesa redonda da Academia Galega do Audiovisual: Os músicos no audiovisual galego.
Día: 2 de novembro
Hora: 18.30 a 20.30 horas
Lugar: Estudo de Gravación Mans., Pol. De POCOMACO, parcela D-22, A Coruña
Para máis información podes contactar coa Academia Galega do Audiovisual no 981 22 77 01 ou info@academiagalegadoaudiovisual.gal

Categoría: Novas
Etiquetas: