O Centro Galego de Artes da Imaxe (R/Durán Loriga 10 baixo, A Coruña) desenvolve e amplía ate Santiago de Compostela (Aula Sociocultural de Caixa Galicia pertencente á Fundación Caixa Galicia, ubicada na rúa Carreira do Conde) o ciclo de cine incluido dentro das actividades de Outono Cortázar, froito do legado do arquivo fílmico e fotográfico feito á institución por parte da viúva do escritor, Aurora Bernárdez. O Centro Galego de Artes da Imaxe (R/Durán Loriga 10 baixo, A Coruña) desenvolve e amplía ate Santiago de Compostela (Aula Sociocultural de Caixa Galicia pertencente á Fundación Caixa Galicia, ubicada na rúa Carreira do Conde) o ciclo de cine incluido dentro das actividades de Outono Cortázar, froito do legado do arquivo fílmico e fotográfico feito á institución por parte da viúva do escritor, Aurora Bernárdez.
A partires de mañá día 24 de outubro, primeira das catro proxeccións desta semana, un título mítico dos anos 60, “Blow up” de Michelangelo Antonioni (realzado por unha excelente copia dispoñible), e ate o día 9 de novembro, un total de 8 títulos inspirados ben na cuentística de Cortázar, ben na súa vida (dous traballos documentais).
Remitimos o listado completo, que inclúe películas de Godard, Isabel Coioxet e o arxentino Manuel Antín.
O ciclo prosegue en A Coruña durante os primeiros días de novembro.

LER IMAXES: O ARQUIVO FOTOGRÁFICO DE JULIO CORTÁZAR

CICLO DE CINE: MODELO PARA ARMAR: JULIO CORTÁZAR E O CINE
Coordinación: José Manuel Sande.
Outubro-Novembro 2006.

Fundación Caixa Galicia
Aula SocioCultural de Caixa Galicia
Carreira do Conde, 18
Santiago de Compostela
Entrada libre

Martes 24 de outubro, 20.15 horas
BLOW UP
Michelangelo Antonioni, Gran Bretaña, 1966. 111´.
Inspirándose libremente no conto de Cortázar Las babas del diablo (Las armas secretas) un dos filmes emblemáticos dos anos 60, capaz de establecer unha inquietante reflexión sobre a mirada a través dun fotógrafo que cre ver un asasinato e de captar o acelerado swinging London. Palma de Ouro en Cannes, música de Herbie Hancock e gozoso reparto.

Mércores 25 de outubro, 20.15 horas
CORTÁZAR
Tristán Bauer, Arxentina-México, 1994. 80´.
Prestixioso documental sobre a figura de Julio Cortázar realizado polo director de Iluminados por el fuego (2005) no que apreciamos unha mirada máis poética que propiamente histórica sobre o escritor, incluíndo unha reconstrución a partir dos seus propios relatos. De enorme difusión, permitiu a Bauer preparar outros retratos nos seus traballos seguintes, acerca de Evita Perón e Jorge Luis Borges.

Venres 27 de outubro, 20.15 horas
CIRCE
Manuel Antín, Arxentina, 1963. 80´.
Delia vai polo seu terceiro mozo; os dous anteriores morreron. Á ameaza dos rumores no barrio únese a presenza indefinible dun tempo pretérito. Sórdida, necrolóxica, unha historia de fantasmas? perfectamente estruturada. A única ocasión en que Cortázar colaborou na escritura dun guión para trasladar un texto propio. Filme participante no festival de Berlín de 1964 que parte de Circe (Bestiario).

Sábado 28 de outubro, 20.15 horas
WEEK END
Jean-Luc Godard, Francia, 1967. 103´.
Desapiadada diatriba contra a sociedade de consumo paradigmaticamente exemplificada nun percorrido en automóbil na procura de descanso establecido como unha versión irónica (e coetánea) de Bonnie y Clyde con protagonismo burgués. Godard fai un retrato colectivo construído a modo de road-movie sobre sucesivos encontros que nun dos fragmentos se inspira moi libremente no conto “La autopista del sur” (Todos los fuegos el fuego) e perfila o seu inminente salto á fundación do grupo militante Dziga Vertov.

Martes 31 de outubro, 20.15 horas
LA CIFRA IMPAR
Manuel Antín, Arxentina, 1962. 90´.
Adaptación do conto de Cortázar Cartas de mamá (Las armas secretas) por parte do cineasta que máis recorreu á súa obra. Relato amoroso coa potencia do tango, a carga poderosa do pasado, un xogo enfiado de poder e sexos acollen un filme que, en palabras do crítico arxentino Javier Porta, fai un exercicio de apropiación fiel que gustou ao literato.

Xoves 2 de novembro, 20.15 horas
CORTÁZAR: APUNTES PARA UN DOCUMENTAL.
Eduardo Montes-Bradley, Arxentina, 2002. 85´.
Autor dun libro sobre o escritor, Cortázar sin barba (2004), o autor fai, dous anos antes, un documental sobre Cortázar vinculado a unha serie de traballos dedicados a escritores arxentinos (Borges, Soriano, Osvaldo Bayer,…) coa inclusión de xentes como Aurora Bernárdez, Octavio Paz, Ernesto Cardenal ou Juan Carlos Onetti.

Venres 3 de novembro, 20.15 horas
SINFÍN
Cristian Pauls, Arxentina, 1986. 85´.
Un equipo de filmación encérrase nunha mansión para filmar unha versión de Casa tomada (Bestiario), relato breve de Julio Cortázar. O director somete os actores e os técnicos a varias humillacións coa finalidade de reproducir as situacións que desenvolve o conto durante a mesma rodaxe.

Xoves 9 de novembro, 20.15 horas
LA VIDA SECRETA DE LAS PALABRAS
Isabel Coixet, España, 2005. 118´.
Unha muller solitaria que intenta esquecer o seu pasado chega a unha illada plataforma petrolífera para coidar dun home que quedou cego temporalmente logo dun grave accidente. Coixet aproveita o conto La señorita Cora (Todos los fuegos el fuego), nunha narración atravesada por seres vulnerables (revestidos por impecables interpretacións) impregnados de desacougo, historias ocultas e amor, que obtén os principais premios Goya da última edición.

Para calquera dúbida ou información:

José Manuel Sande
CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE (CGAI)
Durán Loriga, 10 bajo
15003 La Coruña
España
Tel: +34 981 203499
Fax: +34 981 204054
CIF/VAT: S1511001H
www.cgai.org