Como en anos anteriores, a ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL en colaboración con CINEMAS DIXITAIS poñe en marcha a Semana do Audiovisual Galego, no que se poderán coñecer os traballos finalistas nas diferentes categorías da nova edición dos Premios Mestre Mateo 2009. O circuíto desenvolverase entre o 5 e 11 de abril, co gallo da celebración do acto de entrega dos galardóns, que terá lugar no mes de abril e que premiará os mellores traballos producidos en Galicia ao longo do ano pasado.

Cada sesión contará cunha longametraxe, documental ou capítulo dunha serie de televisión. Irá precedida doutra produción máis curta que ben pode ser unha curtametraxe ou unha peza de publicidade.

Os traballos finalistas para cada categoría dos premios coñeceranse o 12 de marzo. Dende esa data os concellos interesados na programación  terán tres días –ata o 15 de marzo- para escoller entre ditas producións e a organización do circuito encargarse de asignar os títulos e formatos a cada unha das entidades solicitantes.

Os interesados deberán realizar a solicitude a través da páxina web de CINEMAS DIXITAIS indicando o día, lugar e hora de proxección. A  contratación é de balde. Sen embargo os custes de envío e devolución de copias serán a cargo da entidade contratante. 

Algunha das proxeccións serán presentadas polos/as protagonistas ou directores/as dos filmes. A súa presenza sería confirmada previamente.

Formatos das producións:

  • Longametraxes de ficción
  • Longametraxes de animación
  • Programas de televisión
  • Series de televisión
  • Documentais
  • Obras experimentais ou interactivas
  • Obras publicitarias
  • Curtametraxes de ficción
  • Curtametraxes de animación

 

A SEMANA DO AUDIOVISUAL GALEGO  pretende dar a coñecer as obras que se realizan en Galicia cada ano, tanto no terreo da ficción como no documental, e promover unha maior difusión dos premios que recoñecen anualmente a labor dos profesionais deste sector.