A nova película de Vaca Films, os produtores de Celda 211, esta a cosechar un importante éxito de vendas internacionais, previo á súa estrea no Festival de Sitges, onde competirá na sección oficial.

Secuestrados, un impactante thriller de terror dirixido por Miguel Ángel Vivas, será presentado esta semana no Festival de Cine Fantástico de Austin (Texas), o máis importante dentro dos festivais do xénero que teñen lugar en EEUU. Pero a súa estrea non chegará ate 2011.

Protagonizada por Manuela Vellés, Fernando Cayo e Ana Wagener,  Secuestrados supón unha inmersión no terror absoluto a partires dunha situación cotiá. Jaime, Marta  e a súa filla, Isa, acabanse de mudar á súa nova casa, nas aforas da ciudade. Mentres se preparan para celebrar o cambio de residencia, tres encapuchados irrumpen na casa sembrando o pánico e a violencia.

Trala súa presentación no mercado do Festival de Toronto, fai so uns días, son xa vinteséis os países que adquiriron os dereitos deste film; entre eles atópanse importantes territorios como Alemania, Brasil, México, Escandinavia, Arxentina e Centroamérica.