O FILMINHO CELEBRA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN

21 / 09 / 2010

Filminho, Festival do Cinema Galego e Portugués, celebra a súa terceira edición dende o pasado domingo 19 de setembro, e ata o próximo 26 percorrerá as vilas fronteirizas de Vila Nova de Cerveira e Goián.

A partir deste mércores 22, serán diarias as mellores sesións de animación, ficción e documental galego portugués.

O sábado 25 será o día forte do Festival. Ás 16.30 horas, o portugués Pedro Sena Nunes estrea o seu novo documental Há tourada na aldeia, incluído no proxecto Microcosmos co que continua o retrato de cada provincia portuguesa.

Na seguinte sesión, ás 18.30 horas, proxectarase Retrospectiva Documental, de Carlos Velo. A proxección das súas curtas irá acompañada dunha sesión comentada por Miguel Anxo Fernández e Margarita Ledo.

Pola noite, as 22.30 horas, haberá unha sesión coa mellor ficción galega, na que se proxectará entre outras cousas a historia dun antigo xogador do Celta de Vigo, Rodilla.

Para rematar, ás 00.30 horas, Víctor Coyote presentará o seu novo disco.

Categoría: Novas
Etiquetas: