RESUMO UN ANO DE AUDIOVISUAL NA NOVA EDICIÓN DO ANUARIO DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL

31 / 10 / 2013

A Academia Galega do Audiovisual ven de editar a sétima edición do seu anuario “Papeis da Academia 12-13”, no que se recollen tódolos premios, os traballos máis salientables do audiovisual galego, os seus protagonistas, textos de opinión realizados por importantes personalidades do sector, así como unha merecida homenaxe ós compañeiros que nos deixaron no último ano. Grandes títulos coma O Apóstolo, Invasor ou Anacos, son só algunhas mostras do que deu de si este ano un  audiovisual galego que segue reinventándose ante a crise.

Cumprindo coa máxima de promoción e recoñecemento da profesión, e sobre todo dos profesionais, un dos obxectivos principais da Academia, é ofrecer un anuario totalmente dixital para poder lelo en calquera momento e en calquera dispositivo. Ademais ofrécese unha ampla selección de fotografías dos Premios Mestre Mateo, información das producións presentadas a estes premios e das outras actividades que leva a cabo a Academia durante todo o ano.

O texto, como en edicións anteriores, ven acompañado por “As Músicas da Academia”, o CD que recompila vintetrés pezas de once filmes, adicado nesta ocasión ao compositor e músico Sergio Moure de Oteyza.

Etiquetas: