REMATA O PRAZO DE INSCRICIÓN DE AMAL 2011, CUN INCREMENTO DA PARTICIPACIÓN DUN 40% RESPETO AO ANO PASADO

17 / 06 / 2011

O Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal pechou o plazo para participar na súa novena edición, que se celebrará entre o 24 e o 29 de Outubro. Este ano as inscricións aumentaron un 40% respeto á edición anterior e recibíronse filmes procedentes de 50 países de todo o mundo. A repercusión de Amal aumenta ano tras ano e o Festival cada vez é máis recoñecido internacionalmente.

O maior número de producións de países árabes procede do Líbano, seguido por Palestina, Marrocos, Exipto e Tunisia. Pola súa parte, Francia encabeza a participación dentro dos países non árabes e, a continuación, España e Reino Unido. 

O número de producións de ficción e de documentais está bastante igualado, o cal confirma unha tendencia observada na última edición e supon un novo panorama no que a ficción tamén ten o seu sitio. En canto ao formato, recibíronse máis curtametraxes que longametraxes: entre os primeiros predomina a ficción e, no caso das longas, son maioría os documentais.

As obras seleccionadas para a IX edición de Amal serán proxectadas nas sedes do Festival, e as curtametraxes, tanto documentais coma de ficción, poderánse ver a través da web oficial do Festival (www.festivalamal.es), coma nas pasadas edicións.

Categoría: Novas
Etiquetas: