PROXECCIÓN O ÚLTIMO VALS DE MARTIN SCORSESE NO CINECLUBE PADRE FEIJÓO

16 / 10 / 2012

O Cineclube Padre Feijoo comeza un novo ciclo, en colaboración co Café Pop Torgal, que se desenvolverá durante tres mércores, para completar o programa musical “American autumn“. O ciclo leva por título “American singers” e a súa primeira parada rinde tributo á mítica banda The Band, filmada por Martin Scorsese.

Mércores 17 de outubro, no Cinebox (en sesións ás 18, 20:30 e 23 h.):

O ÚLTIMO VALS ( The last waltz )

(1978, EE.UU) 117 min.

Dirección: Martin Scorsese | Guión: Martin Scorsese | Música: The Band | Fotografía: Michael Chapman, Laszlo Kovacs, Vilmos Zsigmond, Hiro Narita & Varios | Intérpretes: Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton, Paul Butterfield, Rick Danko, Dr. John, Lawrence Ferlinghetti, Emmylou Harris, Ronnie Hawkins | Productora: United Artists | Cor (aspecto 1.85:1) | Formato/distribución: 35 mm | Son: Dolby | Lingua/subtítulos exhibición: VOSE versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán

Sinopse: Documental sobre o mundo do rock rodado en 1976, no que Scorsese filma os concertos de despedida de “The Band“, polos que pasaron Bob Dylan, Van Morrison, Neil Young, Joni Mitchell, Neil Diamond, Eric Clapton e outras míticas figuras do rock das últimas décadas.

O resto dos filmes do ciclo, cartaz coa programación, se pode consultar na web; http://cineclubepf.blogspot.com.es 

A programación musical de American Autumn; http://www.cafepoptorgal.com/

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: