PROXECCIÓN DE BESTAS DO SUR SALVAXE, NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

14 / 05 / 2013

Continua o ciclo de cine de autor que organiza o Cineclube Padre Feijoo este mércores 15 de maio, no Cinebox (sesións ás 18, 20:30 e 23 horas) co filme Bestas do sur salvaxe, de Benh Zeitlin.

Bestas do sur salvaxe ( Beasts of the Southern Wild ) (2012, EE.UU) 91 min.

Director: Benh Zeitlin 

Guión: Benh Zeitlin, Lucy Alibar (Obra: Lucy Alibar) | Música: Dan Romer, Benh Zeitlin | Fotografía: Ben Richardson | Reparto: Quvenzhané Wallis, Dwight Henry, Levy Easterly, Lowell Landes, Pamela Harper, Gina Montana, Nicholas Clark, Jovan Hathaway 

Productora: Cinereach / Court 13 production / Journeyman Pictures |  Web oficial: http://beastsofthesouthernwild.com/ | Distribuídora: Golem 

Formato de exhibición: 35 mm, Cor, Ratio; 1.85:1, Dolby dixital, VOSc (Versión orixinal en inglés con subtítulos en castelán)

 

Premios

2012: Festival de Sundance: Mellor película e mellor fotografía

2012: Festival de Cannes: Cámara de Ouro e Premio FIPRESCI (sección; Un Certain Regard)

 

Xénero

Drama | Fantasia . Infancia. Natureza. Cine independente USA

 

Sinopse

No Sur do planeta, o nivel das augas está a subir vertixinosamente e todos os diques se afunden. Ao mesmo tempo, os animais salvaxes volven das súas tumbas. Esta é a historia dunha nena de seis anos que vive co seu pai nun lugar illado do mundo.

 

Crítica

“Un filme independente excepcional (…) Unha das películas máis sorprendentes que se estreasen xamais en Sundance (…) unha evocación poética dunha forma de vida en perigo” 

Categoría: Novas
Etiquetas: