PROGRAMACIÓN OUTONO NO CINECLUBE PADRE FEIJOO

22 / 10 / 2013

Mañá, mércores 23 de outubro terá lugar dentro da programación do outono de 2013 do Cineclube Padre Feijoo a proxección de “Before Midnight” dentro do seu ciclo “Love”.

Así, avisar do cambio de lugar de proxección, que volta a ser (despois de 9 anos) a Casa da Cultura, no salón de actos da Biblioteca nodal de Ourense. A cota xeral por pase, segue a ser a mesma que a do ano pasado (4 euros), e polo momento non podemos aplicar descontos nin venda anticipada.

O día e horario tamén segue inalterable, mércores, as 18, 20:30 e 23 horas e non se permitirá a entrada unha vez comezada a proxección, polo que se prega puntualidade (aparte de apagar os dispositivos móbiles) .

CICLO LOVE

Refletimos todos os filmes que compoñen o ciclo «Love» para este outono, e como dín Os Ramones na súa letra “…ainda que estamos realmente cansos… estamos ledos de voltar a veros… ”

Título: «Before Midnight» · Antes del anochecer
(Antes do anoitecer)
Ano: 2013
País: EE.UU
Director:
Richard Linklater [+ Info]
Guionistas:
Richard Linklater, Julie Delpy e Ethan Hawke
Música:
Graham Reynolds
Fotografía: Christos Voudouris
Reparto:
Julie Delpy, Ethan Hawke, Seamus Davey-Fitzpatrick, Jennifer Prior
Duración: 108 min.
Productora: Sony Pictures Classic | Castle Rock
Distribuidora: A Contracorriente Films
Exhibición: Dixital BR d · Cor · Ratio 1.85:1 · Dolby dixital
Idiomas: inglés, greco e francés · VOSE (versión orixinal subtitulada ao castelán)
Sipnose:
terceira entrega da triloxía «Antes de… amencer, atardecer», na que nos atoparemos unha década despois a Jesse e Celine na fermosa Grecia.

Premios e mencións:
2013 · Hollywood Film Award: Premio guión do ano
2013 · Festival de Berlin: Sección oficial de longametraxes (fora de concurso)

Crítica:
“Un dos máis fermosos e ferintes documentos sobre o que signifca amar (e deixar de facelo) do cine recente…”
Sergi Sánchez

 

Tedes máis información en http://cineclubepf.blogspot.com.es/2013/10/programacion-outono-2013.html

Categoría: Novas
Etiquetas: