PRIMEIRA EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE ANIMACIÓN ON LINE

9 / 07 / 2008

Limaia Produccións anuncia a primeira edición de www.animacam.tv (Festival Internacional de Animación On Line) e convida a todos os profesionais deste sector a participar no novo portal aberto a todos eles mailos afeccionados ao mundo da animación.
A produtora do novo portal anima aos interesaados “a que fagades uso da interactividade para a cal foi creado e aportedes as vosas películas, proxectos ou calquera tipo de novas que consideredes que debemos comunicar e divulgar”.

Para máis información, pódese contactar con Jesús E. Minguet (Saxo), Director da Sección Oficial, no telf. 988465190 e no mail info@animacam.tv

Categoría: Novas
Etiquetas: