PRESENTACIÓN OFICIAL DE “DOMHAN ÓPTICA”, NOVENA EDICIÓN DO ÓPTICA FESTIVAL INTERNACIONAL DE VIDEO-ARTE

11 / 12 / 2012

Hoxe,  11 de decembro, ás 20.00h terá lugar a presentación oficial do “Domhan Óptica” nova denominación do Óptica, festival internacional de video-arte. Durante a presentación que durará, aproximadamente uns 40 minutos,  proxectaranse, entre outros, a sección oficial “Beldades”, que forma parte do “Domhan Óptica 2012”.

Nos últimos oito anos o Colectivo Interferencias, ten levado este festival por diferentes países do mundo tales como Francia, Italia, Alemaña, Arxentina, Bolivia, Perú, etc.  Converténdose nunha cita imprescindible dos amantes de esta disciplina.

Experimentación audiovisual, performances ou instalacións son a base das diferentes proxeccións, tamén a música dun tempo vindeiro levado a cabo por Tatyana Zvanskaya “Dreams of Nature” (Rusia), Oggy Yordanov “Pearl and the Forest” (UK), Aaron Alexis “Kitsuné” (EE.UU.), Thanasis Tsimpinis “M I N E” (Grecia), Chris Lavelle “The Turn of the Screw” (UK), Marco Puccini “Koralline” (Italia), Vitaly Gariev “Forest Awake” (Rusia), Shiroppo Studio “Tale of a child in the forest” (Italia), Julieta Triangular “Barriers” (Colombia), Shawn Bu, Christian Warstat & Inga sieberichs “Monsters” (Alemania),  que compoñen o grupo “Beldades”.


Categoría: Novas
Etiquetas: