A Academia Galega do Audiovisual convoca a XIX Edición dos Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” como recoñecemento ás obras galegas estreadas no ano 2020 e aos profesionais creativos e técnicos que traballaron nelas.

Todas as obras que desexen participar e optar aos Mestre Mateo deberán inscribirse online do 5 ao 23 de outubro de 2020, incluídas aquelas obras que teñan prevista a súa estrea entre o 24 de outubro e o 31 de decembro de 2020.

Aquí tedes á vosa disposición as bases desta nova edición. Recomendamos que as leades atentamente.

Para calquera dúbida ou aclaración podedes contactar coa nosa oficina no mail premios@academiagalegadoaudiovisual.gal ou chamando aos teléfonos 981 227 701 e 981 208 393, de luns a venres de 9.00 horas a 16.00 horas en horario ininterrompido.