XIX Premios Mestre Mateo

A XIX edición dos Premios Mestre Mateo celebrouse en 2021, un ano marcado polas restriccións impostas pola crise sanitaria. O 26 de xaneiro a Academia emitía un comunicado anunciando que se adiaban a lectura de finalistas, prevista para o 1 de febreiro e a gala de entrega de premios, prevista para o 27. Ámbolos dous eventos foron celebrados con restricións de aforo e a tradicional xuntanza de finalistas e a festa posterior á gala tiveron que ser canceladas.   1. Presentación de candidaturas O prazo de presentación de candidaturas estivo aberto do 5 ata o o 23 de outubro para obras galegas estreadas no ano 2020 e os profesionais que traballaron nos departamentos técnicos e creativos. O día 22 de novembro, na web da Academia estiveron dispoñibles para a súa consulta todas as obras e profesionais inscritos. Desde o 23 ata o 27 de novembro ás 14.00 horas, as socias e socios da Academia revisaron a listaxe para indicar se faltaban candidaturas de obras e/ou de

II Semana do Cinema Galego

O Teatro Colón da Coruña acollerá a II Semana do Cinema Galego do 25 o 28 de marzo coas finalistas a Mellor Longametraxe da XIX edición dos Premios Mestre Mateo. Como novidade este ano, a actriz María Mera será a anfitrioa de #Diarioderodaxe, catro coloquios cos equipos técnicos e artísticos das películas finalistas que terán lugar antes das proxeccións, afondando nos procesos de traballo que conflúen na creación dunha obra audiovisual e detallando anécdotas e curiosidades sobre o que sucede detrás das cámaras. O A entrada ás proxeccións será de balde. As invitacións poden descargarse facendo clic aquí. Actividade organizada en colaboración co Concello da Coruña, Deputación da Coruña e Teatro Colón. Programación da II Semana do Cinema Galego Xoves 25 de marzo, A illa das mentiras (Paula Cons, 2020) 19:00 h. #Diarioderodaxe con María Mera 20:00 h. Proxección A noite do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel cargado con 269 persoas