O xoves 8 de novembro terá lugar en Coruña a presentación da nova película de José Luís Cuerda (“Os girasoles ciegos”, “La educación de las hadas”, “A lingua das bolboretas”), “Todo es silencio”, a partir dun guión do recoñecido escritor galego Manuel Rivas. 

O director presentará a película nunha roda de prensa no cine Filmax ás 13.30h. Acompañaranlle os actores Miguel Angel Silvestre e Celia Freijeiro; o guionista Manuel Rivas, así como Sergio Moure, o compositor da banda sonora da película, e os productores do filme.

Pola noite, celebrarase unha premiere ás 22h tamén no cine Filmax Palexo-Porto Centro de lecer, á que asistirá José Luís Cuerda acompañado de todo o equipo da película desprazado ata Coruña, así como dos actores galegos que traballan no filme.

Protagonizada por Quim Gutierrez, Miguel Angel Silvestre, Celia Freijeiro, Juan Diego e Luís Zahera entre outros, estrearase o 9 de novembro, sendo Filmax / Cameo os responsables da distribución.

En palabras do director, “O tráfico de drogas no ámbito xeográfico no que transcorre a historia de “Todo é silencio”, é un magma social, delictuoso, histórico que empezou co contrabando de tabaco e chegou a fitos de enorme importancia económica de man da heroína e a cocaína, con implicacións internacionais e tentáculos corruptores no terreo policíaco, xudicial, empresarial e financeiro”.

Tornasol Films, Castafiore Films, Milú Films, Zebra Producións e Foresta Films son as productoras desta película que conta coa participación de TVE, Canle+, Televisión de Galicia, ONO, Agadic-Xunta de Galicia e o patrocinio de Estudos Cidade da Luz.

SINOPSE

Un grupo de mozos amigos descobre o segredo de Noitía, o contrabando, e admira ao gran capo, Mariscal. A lei é non ver nin oír. A boca é para calar. O vello poder esténdese co narcotráfico e o envelena todo. O destino dos mozos enfróntase con violencia. Queda o refuxio dos recordos e o amor oculto para resistir. Pero…