PRADOLONGO PRESÉNTASE NO PARLAMENTO DE GALICIA

22 / 04 / 2008

O mércores 23 de abril ás 16:30 h o director Ignacio Vilar e os protagonistas de Pradolongo presentarán o filme nunha sesión especial ante o Parlamento de Galicia. Neste acontecemento o equipo achegará aos parlamentarios a acollida e as experiencias que veñen recollendo por institutos, colexios e asociacións de todo o país. Pradolongo se poderá ver os días 26, 27 e 28 de abril no Teatro Principal de Santiago.
O filme de Vía láctea Filmes dirixido por Ignacio Vilar e protagonizado por Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto PRADOLONGO ven de percorrer Galicia (presentouse polo de agora en Valdeorras, Ourense, Vigo, A Coruña, Ferrol e Narón) recibindo unha estupenda acollida. Nunha estratexia de promoción baseada no contacto directo coa xente e tamén a través de internet na páxina web www.meupradolongo.com, o filme está a chegar a distintos puntos de Galicia e a todo tipo de público, principalmente rapaces que se ven por vez primeira reflexados nun filme feito e falado en galego (neste caso “galego de Valdeorras”)

E como cumio desta aventura o director e os tres actores protagonistas chegarán mañá mércores ate o Parlamento de Galicia, onde farán unha presentación da película e explicarán aos representantes políticos as reaccións da xente, o traballo desenvolvido, e onde os parlamentarios dos distintos grupos poderán coñecer de primeira man o fenómeno cinematográfico relacionado con Pradolongo.

Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río…pero esta vez nada vai ser igual. Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus…

Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.

Queremos convidarvos a unha sesión especial que presidirá Dolores Villarino, que comezará ás 16:30 da tarde e que terá lugar no Salón dos Reis, e que se desenvolverá da seguinte forma:

1º Presentación de dona Dolores Vilariño
2º Intervención do director Ignacio Vilar
3º Proxección do trailer da película
4º Intervención dos actores protagonistas Rubén Riós, Tamara Canosa e Roberto Porto
5º Proxección da promo “Quen puidera namorala” (clip da canción de Luis Emilio Batallán, regravada para a película)
6º Preguntas e coloquio cos asistentes

A duración prevista do acto é de 15/ 20 minutos.

Pradolongo se poderá ver no Teatro Principal de Santiago os días 26, 27 e 28 en sesións de 17:00, 20:00 e 23:00

Convidámosvos a que sigades lendo as reaccións da xente que xa viu a película en: www.meupradolongo.com

Categoría: Novas
Etiquetas: