MIVICO 08, II MOSTRA INDEPENDENTE DE VIDEOCREACIÓN DO CONDADO

23 / 04 / 2008

Aberta a convocatoria da II Mostra Independente de Videocrea-ción do Condado MÍVICO 08. O encontro audiovisual máis destacado do sur de Galiza no eido da videocreación, MÍVICO 08, abre o prazo de recepción de obras até o 3 de agosto, nas tres categorías que contemplan as bases: videocreación, curtametraxe e documental.
Poderán participar na mostra toda persoa e produtora que así o desexe. Aceptaranse todos os formatos cunha calidade óptima para a súa reprodución (videocámaras profesionais, telefonía móbil, cámara de fotos, webcam…). As obras presentadas deben ser posteriores ao 1 de xaneiro de 2006.

Coa posta en marcha desta nova edición, MÍVICO 08 pretende achegar a Ponteareas as propostas máis destacadas que se están a eleborar no eido da videocreación internacional ao tempo que consolidar a proposta iniciada en 2007 por Quadra Produccións.

Máis información:

www.myspace.com/mivicofestival
www.mivico.blogspot.com

Categoría: Novas
Etiquetas: