IX Premios Mestre Mateo

O 17 de Abril de 2010 tivo lugar a Gala dos IX Premios do Audiovisual Galego “Mestre Mateo” no Auditorio Municipal de Ourense. Como vén sendo habitual, nesta novena edición reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector. A Gala IX Premios Mestre Mateo foi dirixida por Xaime Fandiño, que guionizou xunto cos mestres de cerimonias, Belén Regueira e Xosé Antonio Touriñán. Foi un evento no que primaron o inxenio e a creatividade, con moitas doses de imaxinación e de humor, pero invitando á reflexión sobre o presente e o futuro do sector audiovisual en Galicia. Así, esta Gala transcorreu baixo o concepto de Galiwood: “No ano 2011, o mundo, e tamén Galicia e o seu audiovisual, atravesaban unha fonda crise. Unha década despois, este pequeno gran país converteuse na nova meca mundial do cine combinando creatividade e innovación, boas historias e vangarda

Foro Academia Aberta 2010

A Academia Galega do Audiovisual ven de presentar un ano máis o Foro Academia Aberta “Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer". Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estructural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, enmárcase dentro do festival Cineuropa, e terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela. Dende esta nova edición do Foro Academia Aberta preténdese abrir unha pequena cancela que permita indagar e investigar, de forma profesional, novas vías de financiamento, de innovar na distribución dos produtos audiovisuais e mesmo de amosar outros xeitos de contar historias. En definitiva, para seren conscientes de que precisamos entender e adaptármonos en positivo a estes novos tempos, e ademais porque neles

Anuario 2009-2010

Achegamos un novo número de Papeis da Academia, o cuarto, no que tentamos amosar o que fomos, fixemos e pensamos ao longo do pasado curso 2009-2010. Un número que pretende ser un instrumento máis que contribúa á primordial función da nosa Academia: o coñecemento. Nel pretendemos amosar como somos, como nos ven e como nos vemos. Como todos sabedes e por razóns coñecidas de todos, este curso resultou ser duro e difícil. Como Academia mantivemos encontros e debates coa administración, fluidos pero tamén coa seriedade e firmeza que consideramos que requiren situacións como a que estamos a pasar. Encontros e debates nos que sempre defendemos a idea de que o audiovisual é un sector estratéxico para o noso país, con creadores e profesionais cada vez máis prestixiados e valorados tanto dentro como fóra das nosas fronteiras. Tentamos tamén, e seguimos con esa teima, a unidade e o diálogo con todas as asociacións e colectivos que conformamos o sector, na defensa dos

Semana do Audiovisual Galego

A Semana do Audiovisual Galego, ideada para difundir os principais traballos nominados por toda a xeografía galega e que acada a súa cuarta convocatoria, desenvolverá o seu programa de proxeccións nun total de 30 salas das catro provincias, dende o 5 ao 11 de abril. As localidades que este ano visita a Semana do Audiovisual Galego son A Fonsagrada, Ares, Arteixo, Betanzos, Cariño, Carral, Castrelo de Miño, Celanova, Chantada, Lalín, Lugo, Meis, Melide, Monforte de Lemos, Neda, Negreira, O Rosal, Ourense, Redondela, Rivadavia, Santiago de Compostela, San Sadurniño, Teo, Valdoviño, Valga, Verín e Xinzo de Limia. Documentos Programa Semana do Audiovisual Galego 2010 (PDF) Voltar o VIII

Encontros Mestre Mateo 2010

MARTES 6 ABRIL Mesa redonda DIRECCIÓN DE PRODUCIÓN. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO, 12:00 CONTACTO ORGANIZADOR en Lugo: FUNDACIÓN TIC. LUGAR: Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. A MESA REDONDA foi presentada por D. Juan José Díaz Valiño, Deputado Provincial de Lugo e Membro do patronato da Fundación TIC. POÑENTES: Xavier Eirís: Finalista na categoría a mellor Dirección de Produción por A CAIXA NEGRA. SUSO GAY: Xefe de Produción da Obra Finalista a Mellor Dirección de Produción por PADRE CASARES. ASISTENTES: Asistiron á mesa redonda arredor de 60 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo. A eles se uniron algúns profesionais do medio audiovisual lucense. Ademais de contar coa presenza dos seguintes medios de comunicación: O PROGRESO, LA VOZ DE GALICIA, RADIO GALEGA e RADIO VOZ. Mesa redonda CURTAS. ESCOLA DE IMAXE E SON “O RAIO VERDE” Santiago de Compostela, 12:00 CONTACTO ORGANIZADOR en Santiago: Escola de Imaxe e Son “O RAIO

VIII Premios Mestre Mateo

O Pazo da Cultura de Narón acolleu o 15 de abril a gran festa do audiovisual galego que cada ano se celebra con motivo da entrega dos Premios Mestre Mateo que outorga a Academia Galega do Audiovisual en recoñecemento aos profesionais e producións audiovisuais do país. Como vén sendo habitual, nesta oitava edición reuníronse autoridades institucionais, representantes da vida social e económica de Galicia e, principalmente, asociacións e profesionais do sector. A velada comezou coa benvida do presentador Xosé Antón Touriñán, quen sinalou os motivos de celebración do audiovisual galego neste 2010, entre os que destacou o aniversario dos vintecinco anos da Televisión de Galicia. A noite estivo salpicada de alusións á actualidade galega en clave de humor, dende a crise económica ata o Xacobeo. O propio Touriñán ironizou sobre a súa fichaxe como conductor do evento e vinculouno ao precario contexto económico. Xosé Ramón Gayoso participou como copresentador da

Semana do Audiovisual Galego

La Semana do Audiovisual Galego, ideada para difundir los principales trabajos nominados por toda la geografía gallega y que consigue su tercera convocatoria, desarrollará su programa de proyecciones en un total de 36 salas de las cuatro provincias, desde el 20 al 25 de abril. Las localidades que este año visita la Semana do Audiovisual Galego son Ferrol, Negreira, Lalín, Verín, Celanova, Neda, Culleredo, Ares, Abegondo, Chantada, Monforte de Lemos, Cariño, Ribadavia, A Guarda, Cambados, Xinzo de Limia, Melide, San Sadurniño, Santiago, Cervo, Nigrán, Valdoviño, Porto do Son e As Pontes de García Rodríguez. Así mismo, el circuíto llegará a nueve institutos de Ribeira, Redondela, Vilagarcía, Burela, Vigo, Vilalba, Carballo y Ourense. Voltar o VII