I Encontro entre docentes de audiovisual en Galicia

O venres 27 de abril A Coruña acolleu un encontro -patrocinado polo Concello da Coruña- entre docentes de primaria, secundaria e bacharelato implicados no ensino e promoción da cultura audiovisual en Galicia. Asistiron 39 docentes de 28 centros: 10 de bacharelato de artes, 9 de bacharelato con optativas relacionadas co audiovisual e outros 9 centros con tradición audiovisual.

Entre todas e todos eles decidiron crear varios grupos de traballo que ao longo dos próximos meses explorarán eidos como a formación de docentes, a elaboración de material didáctico para alumnado e a definición de demandas comúns para a Administración. No horizonte, un segundo encontro a finais deste ano, no que poder establecer en común, coa participación de tódolos axentes implicados, unha folla de ruta para a planificación e desenvolvemento de estratexias, metodoloxías e ferramentas que apoien a labor actual dos docentes e potencien a ensinanza da cultura audiovisual na nosa comunidade.

A ausencia dun programa estandarizado de alfabetizacion audiovisual derivou nos últimos anos nunha gran variedade de proxectos e esforzos de todo tipo levados a cabo dende os centros educativos, comunidade de docentes e profesionais do medio audiovisual; inciativas todas elas que abarcan distintos e diversos modelos de actuación e procedementos metodolóxicos. A Academia Galega do Audiovisual impulsou esta primeira xuntanza, coa intención de propiciar un proceso participativo e de diálogo aberto entre os distintos axentes implicados nestes proxectos e esforzos.

Asistirona o encontro: IES A Xunqueira I, IES Adormideras, IES As Lagoas, IES Carballo Calero, IES Concepción Arenal, IES Monte Castelo, IES Politécnico de Vigo, IES Ramon Maria Aller Ulloa, IES Salvador de Madariaga, IES Sanxillao, IES A Cachada, IES As Barxas, IES de Cacheiras, IES Carlos Casares, IES Chamoso Lamas, IES O Castro, IES Poeta Díaz Castro, IES Porto do Son, IES Salvaterra de Miño, CEIP A Lama, CEIP do Carballal, CEIP Coiron, Colexio Galaxia, Colexio María Assumpta, CPI Plurilingüe dos Dices, CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, CEE Vilagarcía de Arousa e CPI Virxe da Cela.

Algúns exemplos do traballo que están desenvolvendo
IES A Cachada (Boiro) – Olloboi
IES Adormideras (Coruña)
CEIP A Lama
IES Alexandre Boveda (Vigo)
IES As Barxas (Moaña)
CEIP Coiron (Dena)
IES Concepción Arenal (Ferrol)
IES Chamoso Lamas (Carballiño)
IES de Cacheiras (Teo)
CPI Plurilingüe de Navia de Suarna
CEIP do Carballal (Marín)
CPI Plurilingüe dos Dices (Rois)
Colexio Galaxia (Ribeira)
Centro Educativo Galén (Lugo)
CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro)
IES Manuel García Barros (Estrada)
Colexio María Assumpta (Noia)
IES María Soliño (Cangas)
IES Martin Sarmiento (Pontevedra)
IES Monte Castelo (Burela)
IES O Castro de Vigo
IES Politécnico de Vigo
IES Porto do Son
IES Praia Barraña (Boiro)
IES Salvador de Madariaga (Coruña)
IES Salvaterra de Miño
CEE Vilagarcía de Arousa
CPI Virxe da Cela (Monfero)
CEIP Plurilingüe Virxe do Mar (Narón)