PARA O CONSELLEIRO DE CULTURA, GALICIA ESTÁ DEIXANDO DE SER PERIFERIA INTEGRÁNDOSE NUN MUNDO MÁIS GLOBALIZADO

16 / 12 / 2004

Esta mañá inaugurouse o II Congreso Galego Audiovisual, acto ó que acudíu o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, o Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, a subdirectora do ICAA, Beatriz de Armas, o director xeral de Comunicación e Audiovisual, Ignacio Otero, e o concelleiro de Turismo de Santiago, Francisco Candela.
PARA O CONSELLEIRO DE CULTURA, GALICIA ESTÁ DEIXANDO DE SER PERIFERIA INTEGRÁNDOSE NUN MUNDO MÁIS GLOBALIZADO

Pérez Varela e Manolo Gómez inauguraron esta mañá o II Congreso Galego Audiovisual

Santiago, xoves 16 decembro 2004.- Esta mañá inaugurouse o II Congreso Galego Audiovisual, acto ó que acudíu o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela, o Presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manolo Gómez, a subdirectora do ICAA, Beatriz de Armas, o director xeral de Comunicación e Audiovisual, Ignacio Otero, e o concelleiro de Turismo de Santiago, Francisco Candela.

Manolo Gómez referíuse na súa intervención á participación dos estudantes neste Congreso, animándoos a que participen no sector para que as cousas cambien, pasen e cambien. Despois de falar da Lei do Audiovisual galega, deu paso a Beatriz de Armas, que baseou a súa intervención na necesaria colaboración entre o sector público e o privado para o éxito real do audiovisual. Pola súa parte, o Conselleiro de Cultura Pérez Varela, afirmou que Galicia está deixando de ser periferia integrándose nun mundo cada vez máis globalizado, afirmando tamén que o gran promotor do audiovisual en Galicia foi o presidente da Xunta. Salientou a importancia da utopía e da imaxinación no sector audiovisual, e que o mercado de América e Latinoamérica deben se-lo noso obxectivo. Dixo por último que se somos capaces de crer en nós mesmos, hai que eleva-las protestas á administración para que faga cousas, anque, –referíndose ás palabras de Manolo Gómez sobre a participación dos estudantes- que as cousas cheguen ou non a cambiar, depende dos propios xóvenes.

Categoría: Novas
Etiquetas: