DIÑEIRO, COPRODUCCIÓN NATURAL E CREACIÓN DE ALIANZAS SON OS MOTIVOS QUE LEVAN Á COPRODUCCIÓN

16 / 12 / 2004

A productora danesa Lisa Lense, reflexionou na súa intervención dentro da área de Contidos –unha das seis áreas temáticas en que se divide o II Congreso Galego Audiovisual- sobre a motivación que leva á producción de películas, e concretamente, á coproducción. Para Lise Lense, existen 3 motivos fundamentais que levan á coproducción: o diñeiro, a coproducción natural (determiñada pola necesidade que xurde dun proxecto), e crear alianzas estratéxicas a longo prazo. Neste punto, a productora danesa salientou que a supervivencia non é un xeito de vida, e que se só aspiramos a producir unha película, non chegaremos a nada.
DIÑEIRO, COPRODUCCIÓN NATURAL E CREACIÓN DE ALIANZAS SON OS MOTIVOS QUE LEVAN Á COPRODUCCIÓN

A productora danesa Lise Lense participou esta mañá no II Congreso Galego Audiovisual

Santiago, xoves 16 decembro 2004.- A productora danesa Lisa Lense, reflexionou na súa intervención dentro da área de Contidos –unha das seis áreas temáticas en que se divide o II Congreso Galego Audiovisual- sobre a motivación que leva á producción de películas, e concretamente, á coproducción. Para Lise Lense, existen 3 motivos fundamentais que levan á coproducción: o diñeiro, a coproducción natural (determiñada pola necesidade que xurde dun proxecto), e crear alianzas estratéxicas a longo prazo. Neste punto, a productora danesa salientou que a supervivencia non é un xeito de vida, e que se só aspiramos a producir unha película, non chegaremos a nada.

Segundo Lense, o productor ten que ter moi claro que é o que quere ofrecer antes de establecer unha coproducción, e engadíu que non basta con ter unha boa relación, senón que cómpre ter un motivo real para face-la coproducción e saber moi ben o que fai o outro, desembocando a súa disertación na necesidade de busca-la integridade do producto en consonancia co interese dos financiadores. Falou tamén dos problemas de difusión en Europa a nivel cinematográfico, porque nos países só vemos películas americanas, e de que queremos crear un cine europeo malia que non o conquerimos.

Categoría: Novas
Etiquetas: