PALMARÉS DO II FESTIVAL PRIMAVERA DO CINE EN VIGO

4 / 06 / 2013

O pasado domingo rematou a segunda edición do Festival primavera do cine en Vigo coa gala de entrega de premios. Este festival que pretende ser un punto de encontro para o sector audiovisual galego contou con nove longas, once curtas, e catorce videoclips a competición, todos eles de produción galega, condición indispensable para poder ser aceptado a concurso. O palmarés inclúe galardóns para O segredo da Frouxeira, premio á mellor longa para Xosé Abad, e  A casa da luz, premio á mellor película infantil para Carlos Amil. Ademais destes dous premios entregáronse tamén o premio á mellor curta para El desorden de los sentidos, de Alejandro G. Salgado; e o premio ao mellor vídeo clip para Oxytocin de Juan Salgueiro.

Na gala de entrega Ana Laura Pereira, directora do festival, agradeceu a participantes e público a gran acollida recibida, prometendo buscar locais con maior aforo na vindeira edición. Tamén adiantou que o ano que ven o festival adiarase un pouco no calendario para evitar solaparse con Cans.

Categoría: Novas
Etiquetas: