O xurado da sección competitiva do 17 Festival de Cine Internacional de Ourense, composto por Dolores Ben, Ángel de la Cruz, Dominic Lees e Emiliano Otegui, reuniuse o  xoves 8 de novembro de 2012 e decidiu conceder os seguintes premios: 

Gran Premio Calpurnia á Mellor Película: Roza, de Wojciech Smarzowski

Premio Carlos Velo ao Mellor Director: Paco R. Baños, por Ali

Premio Especial do Xurado: Histórias que só existem qando lembradas, de Julia Murat

Premio ao Mellor Guión: The Enemy, de Dejan Zecevic

Premio do Público á Mellor Película: Ali, de Paco R. Baños

Mención Especial á Mellor Actriz: Nadia de Santiago, por Ali

Mención Especial á Mellor Fotografía: Histórias que só existem qando lembradas, de Julia Murat