OS 7 PECADOS CAPITAIS DE FRANCISCO BRIVES NOS PREMIOS GOYA COA SÚA ÓPERA PRIMA NUNC ET IN HORA.

10 / 12 / 2010

“A estratexia resultou ben”, coméntanos o Director Francisco Brives, que coa súa primeira obra NUNC ET IN  HORA logra introducirse na Academia e ábrese paso cara a algunha dos nomeamentos da figura. “Nunc et in hora é unha desas estrañas obras que aparecen unha vez cada dez anos, unha película arriscada de dificil comprensión que esixe un espectador culto e sensible” comenta o seu produtor. Algo que non abunda nestes tempos, dado o éxito das últimas  cifras en despacho de billetes.bA aposta de O Grelo producións por construír unha produtora baseada no Cinema Arte, esta recollendo agora os seus froitos. A súa experiencia baséase nunha tenaz fortaleza ante as negativas do Mercado a aceptar  novos códigos e linguaxes.

“Hai moito medo e os compradores son o principal obstáculo para este xénero”. Os mercados  de Cinema, están buscando as rendibilidades dun pasado que xa non existe. Hai un escaso critério de risco, pero agora que a crise é un feito e que as formulas de sempre tampouco funcionan, parece que se abren novas vías  para introducirnos en sectores que antes eran inalcanzables.O mundo do cinema deixou de ser un mundo de ricos e agora que a democratización do dixital avanza, é necesario cambiar algúns dos filtros convencionais.

Nunc et in hora é unha desas películas que deixan un pouso no espectador, unha fotografia impactante de planos abertos  rodada con luz natural e unha narrativa case oriental que o seu director define como Neosimbolista, o certo é que a película deixa ao carón o formalismo narrativo para profundar no critério estético e a procura dunha linguaxe diferente. A inclusion da película na listaxe das 116 cintas que optan aos Goya deste ano, é xa en si un logro. Tiña todas as papeletas para ser rexeitada, pero o teson e o empeño do director para ir facendo que os obstáculos se superasen.

A cinta estreada o 3 de Maio deste ano, formou parte de festivais Internacionais (International Optica festival, Madatac) son algúns dos logros acadados.A vantaxe coa que xoga Brives (o seu director) é que a súa obra foi valorada polo criterio Museístico. Incluída no catalogo da arte de centros como Instituto Cervantes, A casa acesa, onde o Autor expuxo o seu traballo en Charlas e conferencias, déronlle asi un valor á obra que certifica agora esta aceptación da Academia das Artes e as ciencias Audiovisuais.O Cinema Arte é un feito que camiña en paralelo desde os anais da historia do cinema.

A súa traxectoria por momentos conéctase ao mercado pero normalmente este matrimonio é unha ligazón desafortunada que só por momentos parece gozar dunha doce lúa de mel. Francisco Brives logra isto co seu opera prima NUNC ET IN HORA , unha declaración de principios para un cieneasta atípico. A produtora  O Grelo Producións, que aposta polos novos talentos como o de Brives, recentemente asinou un convenio co colectivo Ladradores de ollos. Un reduto de cineastas á marxe con Diego Barreira á fronte que xeran obras cun selo especial que as fai destacar sobre a grella ao servizo das audiencias. Sintesis de amor Orgánico é a súa ultima produción.O produtor quéixase de que As Televisións Publicas non queren facer o oco que este tipo de traballos merece dentro da súa grella.

É increíbel que as persoas á fronte das compras en televisión non faciliten o acceso á cultura. As televisions autonómicas onde se rodou a película (Castela a Mancha e Galicia)  daban por sentado  que  unha película rara, sen diálogos, non cabía no interese xeral. Cecáis co nomeamento dos Goya, cambien agora de opinión.

Categoría: Novas
Etiquetas: