O xornalista madrileño Fernando Lara confirmou a súa participación no xurado da octava edición do Festival Internacional de Cine Euroárabe Amal, que se celebrará do 23 ao 30 de Outubro.

A presencia de Lara únese así á dos destacados profesionais que confirmaron a súa presencia no xurado da nova edición de Amal: a cineasta e programadora Marie Claude Benha (vicepresidenta da Asociación do Cine Euorárabe), a xornalista e crítica de cine Nayla Abdel Chalet, quen na actualidade colabora coa Unesco na organización de eventos e accións culturais, o xornalista español especializado en Oriente Medio Óscar Abou Kassem e Liana Saleh (reporteira e directora de curtametraxes palestina).

O xurado de Amal destaca cada ano polo seu carácter intercultural e interdisciplinar. Por iso, tódolos anos invítase a profesionais de distintos países con carreiras vinculadas ao mundo árabe e á cultura.