Este venres a programación das xornadas de cine ao aire libre de Ourense, Baixo as Estrelas proxectará o filme ‘Irmáns de Sangue’ de Arno Diertickx no canto da programada ‘Alicia no País’.
A sexta película deste director holandés narra a historia de tres mozos que agochan o seu amigo Ronnie, un ladrón de pouca monta perseguido pola policía, no faiado da súa casa. Ao comezo, os rapaces divírtense coa situación, mais Ronnie convértese nunha carga e mesmo empeza a chantaxealos.
A película, que se proxectará en versión orixinal subtitulada ao galego o venres 23 ás 23.00 horas na praza de San Martiño, Arno Dierickx acadou o premio Carlos Velo ao mellor director no 14 OUFF.