O VICEPRESIDENTE DE BIG PICTURE, LUIS MOSQUEDA, TRATARÁ EN CICA O MERCADO DE CONTIDOS INFANTIS

27 / 05 / 2009

Luis Mosqueda, vicepresidente de Big Picture, abordará en CICA as diferentes formas de explotación de contidos infantís e as súas peculiaridades en comparación ao resto de contidos audiovisuais. Mosqueda ocupou o posto durante 11 anos de director comercial The Walt Disney Company Iberia, Division Home Entertainment. Desde o 2006 é Vicepresidente de Big Picture, empresa portuguesa dedicada á distribución de contidos infantís en España e Portugal. Na actualidade, Big Picture Entertainment converteuse na segunda compañía en España en ventas ao consumidor final en produto infantil en DVD, por detrás de The Walt Disney Company. Entre as últimas distribucións desta compañía atópase a exitosa serie de animación preescolar Pocoyó, dirixida por David Cantolla e Guillermo García e vendida en máis de cen países, e a serie de televisión Caillou, de Cookie Jar.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: