A produtora executiva da curtametraxe dirixida polo premiado Juan Pablo Etcheverry, Chelo Loureiro recolleu o pasado sábado 23 de maio, o Premio á Mellor Curtametraxe de Ficción ou Animación no Festival Internacional de Cinema Ecolóxico e da Natureza de Canarias.

A curtametraxe, baseada nun conto do Premio Nobel portugués José Saramago, conta coa composición musical de Emilio Aragón e a voz do propio Saramago, que, con motivo da participación da curtametraxe neste festival dixo as seguintes palabras: 

“Hay cousas que parecen nacer sen sorte e durante anos están esquecidas ata que, non se sabe por que, comeza o tempo da súa vida.

Poderiase dicir que A Flor Máis Grande do Mundo, o libro, naceu para ser, moitos anos despois, esta película, para así percorrer o mundo e estar hoxe no Festival de Cine Ecolóxico e da Natureza de Canarias coa mesma mensaxe que nos ensina o neno: Todos podemos facer A Flor Máis Grande do Mundo, basta ter vontade. José Saramago.”

Precisamente, o premio Nobel de Literatura expresou o seu apoio ao festival durante un video proxectado no acto de apertura. Saramago alentou ao público a participar no festival, dicindo: “disfruten do festival e aprendan do que di porque ten moito que ensinar”.

Con este galardón, A Flor Máis Grande do Mundo, que foi nomeada en 2008 a Mellor Curtametraxe de Animación nos Goya, suma outro gran éxito no  percorrido por festivais que inclúen certames relacionados co medioambiente (Tokyo Global Environmental Film Festival, Anchorage International Film Festival) y outros xenéricos coma Animabasauri, Fantasporto, Chicago Short Film Festival, Animadrid ou Clermont-Ferrand.