O Consorcio Audiovisual de Galicia anunciou as datas definitivas para o 3º Encontro Audiovisual Galicia-Brasil. Terá lugar na cidade de Salvador de Bahía do 13 ao 15 de marzo de 2009.
Para participar no Encontro entre produtores galegos e brasileiros cómpre presentar ao Consorcio polo menos un proxecto de interese comercial con Brasil antes do vindeiro luns 26 de xaneiro.
Para a selección dos participantes terase en conta a existencia de contactos previos con Brasil.
Máis información:
Consorcio Audiovisual de Galicia
Tlfn: +34 981 957 182
Fax: +34 981 545 847
email: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org
www.consorcioaudiovisualdegalicia.org