O TERCEIRO ENCONTRO AUDIOVISUAL GALICIA-BRASIL TERÁ LUGAR DO 13 AO 15 DE MARZO

2 / 01 / 2009

O Consorcio Audiovisual de Galicia anunciou as datas definitivas para o 3º Encontro Audiovisual Galicia-Brasil. Terá lugar na cidade de Salvador de Bahía do 13 ao 15 de marzo de 2009.
Para participar no Encontro entre produtores galegos e brasileiros cómpre presentar ao Consorcio polo menos un proxecto de interese comercial con Brasil antes do vindeiro luns 26 de xaneiro.

Para a selección dos participantes terase en conta a existencia de contactos previos con Brasil.

Máis información:

Consorcio Audiovisual de Galicia

Tlfn: +34 981 957 182

Fax: +34 981 545 847

email: proxectos@consorcioaudiovisualdegalicia.org

www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

Categoría: Noticias
Etiquetas: