O Festival Internacional de Cine de Viña del Mar, que celebrou a súa 19ª edición do 21 ó 27 de outubro e que seleccionou “O neno de barro” para competir na súa Sección Oficial, otorgoulle o “Premio de la prensa especializada al Mejor Largo Internacional”. A ceremonia de entrega de premios e clausura efectuouse no Teatro Municipal de Viña del Mar o sábado 27 de outubro.

Este ano o Festival de Viña del Mar recibiu máis de 500 películas, das que foron seleccionadas e exhibidas 300, provenientes de Bolivia, España, Brasil, Guatemala, México, República Dominicana, Arxentina, Cuba, Colombia e Chile, ademais de coproduccións de Perú-Arxentina, España-Arxentina e Francia-Chile.
O director do certame, Fernando Acuña, afirmou que o Festival acadou “unha calidade extraordinaria” e destacou que “logrou manter a tradición do Cine latinoamericano”.

Jorge Algora recibiu a noticia en Valladolid onde se atopa presentando a súa película na sección Spanish Cinema da SEMINCI, para a cal foron seleccionadas as produccións máis destacadas deste último ano.

A película está obtendo unha excelente ruta de festivais, participou na categoría de Opera Prima no World Film Festival de Montreal e na Mostra Internacional de Cine de Santo Domingo”. Tamén participará no Festival de Cine de España e América Latina de Bruxelas, no Festival Internacional do Novo Cine Latinoamericano da Habana, no Festival de Cine Independente de Ourense”, no Festival Internacional de Uruguay e no Festival dos Novos Pobos do Sur (Caracas, Venezuela).