O MUSEO DA PRENSA DA VOZ DE GALICIA ACOLLE UN FORO SOBRE A APLICACIÓN DO NOVO MARCO NORMATIVO DO AUDIOVISUAL

21 / 04 / 2010

O Museo da Prensa da Voz de Galicia acollerá o vindeiro luns 26 de abril unha conferencia impartida por Raúl Rubio baixo o título “A Lei Xeral do Audiovisual. Aplicación práctica do novo marco normativo nun mercado en transformación”.

A Fundación  Santiago Rey Fernández-Latorre e a Escola de Medios da Voz de Galicia organiza este  foro a partir das 10:00 horas do vindeiro luns. A asistencia á conferencia é gratuita, pero require inscrición previa no teléfono  981 180 416, ou no enderezo electrónico maria.souto@lavoz.es.

Nesta sesión, que correrá a cargo de  Raúl Rubio Velázquez, avogado asociado senior de Landwell-PricewaterhouseCoopers, analizarase a situación actual e as tendencias de futuro no marco regulatorio do audiovisual, despois da aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.

Raúl Rubio está especializado en aspectos xurídicos do sector audiovisual, propiedade intelectual, comercio electrónico, arbitraxe e mediación electrónicas, Administración on-line e outras cuestións legais relacionadas co sector TICE (Technology, Information, Communications and Entertainment).


Categoría: Novas
Etiquetas: