O director do Festival de Cine Internacional de Ourense, por acordo con Animarco Regio, participará os vindeiros 3, 4 e 5 de maio no Animation Day / Stuttgart desta organización de rexións de Europa adicada ao desenvolvemento e á co-produción do cine de animación.

Con motivo desta participación a organización do Festival Internacional de Ourense está interesada en presentar un panorama da animación feita en Galicia, polo que solicitan que se ás empresas interesadas que lles envíen un dossier cos seus proxectos en desenvolvemento, na procura de financiamento ou de co-produción para presentalo nos diferentes encontros de traballo que se desenvolvan no marco do evento.

Para iso, precisan contar, antes do 30 de abril, coa seguinte información.

1- Perfil da compañía.
2- Sinopse do proxecto.
3- Plan financeiro especificando qué se solicita e a cambio de qué.

4- DVD con traballos previos ou trailer do proxecto.

Pódese envialo ao enderezo do Festival de Cine Internacional de Ourense antes do 30 de abril.

Información sobre Animarco Regio: www.cine-regio.org