O Consorcio Audiovisual de Galicia, en colaboración coa Agencia Nacional do Cinema do Brasil (ANCINE) e o Programa Cinema do Brasil, promove o 2º Encontro Audiovisual entre Galicia e Brasil que se desenvolverá na cidade da Coruña do 13 ao 20 de xuño.
Tralo éxito acadado na primeria convocatoria celebrada o ano pasado en San Paulo, a finalidade e xerar novos contactos que poidan propiciar coproducións bilaterais e contribuír deste xeito á difusión internacional do noso adiovisual. Dentro deste evento o Consorcio ten definido tres liñas de actuación: un fondo de corpodución, un encontro entre produtores de ambas as nacionalidades e unha mostra de cine brasileiro.

O acto de apertura terá lugar o venres día 1 de xuño no Pazo da Ópera da cidade herculina, nunha gala que contará coa actuación do artista galego Carlos Núñez e na que intervirá Fernando Salgado, Presidente do Consorcio Audovisual de Galicia e Secretario Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, Nilson Rodríguez, Director de ANCINE e André Sturm, Presidente de Cinema do Brasil, entre outras autoridades.

Máis información na web do Consorcio Audiovisual de Galicia.