O CLAG PRESENTA O SEU MODELO ORGANIZATIVO EN BALEARES

14 / 12 / 2009

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2009. O CLAG, representado pola súa xerente Carla Reyes, está a participar no Fòrum Tecnològic “Forotec” que se celebra en Mallorca hoxe e mañá, organizado pola Consellería d´Innovació, Interior i Xustiza do Govern de les Illes Balears e no que participan os clústers sectoriais das Illas Baleares e doutras comunidades autónomas, así como a Universidade de les Illes Balears, empresas, grupos de investigación e centros tecnolóxicos.

O obxectivo do Foro é que todos os participantes compartan as súas necesidades concretas para o establecemento de sinerxías e proxección de liñas conxuntas de investigación dentro de cada un dos sectores dinamizados nas Illas Baleares.

O CLAG foi convidado a este Foro para presentar o funcionamento do ente galego, creado en febreiro de 2003 e pioneiro na aplicación do modelo clúster ao sector audiovisual no Estado.

A  xerente do CLAG, Carla Reyes, expuxo esta mañá en Forotec o modelo galego do cluster audiovisual, a súa traxectoria, experiencias e  liñas de investigación nas que está a traballar. Asemade a xerente falou da Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea, e dos proxectos consorciados que se están a desenvolver en i+dea.

Forotec contempla dentro da súa programación entrevistas clúster-clúster, entrevistas clúster-grupo de investigación e entrevistas empresa-grupo de investigación, concibidas para coñecer de forma máis ampla por parte dos participantes cales son as liñas de investigación dos grupos da universidade e dos centros tecnolóxicos, así como os proxectos, necesidades e ideas de diferentes empresas en materia tecnolóxica.

Esta mañá celeboruse unha mesa redonda sobre a Ley do Cine, onde participou Fabiá Buenaventura, directora de FAPAE e produtores e directores de cine de Baleares.

Ademais do CLAG e o Cluster Audiovisual de lles Illes Balears, entre os participantes de Forotec no ámbito audiovisual están a Fundación i2CAT de Catalunya, o clúster Music Eivissa, Grup de Tecnología Educativa, Representació, ideología i recepció á cultura audiovisual (RIRCA), Laboratori de tecnologies da informació multimedia, Unitat de Gràfics i Visió per Ordenador i IA, lADAT e CEAV.

Categoría: Novas
Etiquetas: