CONVOCATORIA PUBLICIDADE SUPLEMENTO ESPECIAL SOBRE ESPAÑA NA REVISTA SCREEN INTERNATIONAL

14 / 12 / 2009

O Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) convoca a produtores e axentes de ventas a participar dun suplemente especial sobre España que editará a revista SCREEN International con motivo da participación de empresas españolas no mercado da 60ª edición do Festival de Cine Internacional de Berlín, que terá lugar do 11 ó 21 de febrero de 2010.

O suplemento especial publicarase o 5 de febreiro de 2010 e será distribuído dentro do número semanal da revista SCREEN International dedicado á Berlinale 2010.

Todos/as que estea interesados/as en participar deben ter en conta as seguintes datas:

         25 de xaneiro de 2010, data límite para o envío da solicitude de participación nesta acción de promoción, tanto coa vosa propia publicidade como na publicidade xenérica do ICEX. Tedes que enviar a ficha que se achega ao ICEX, ben por correo electrónico ben por fax.

         28 de xaneiro de 2010, data límite para o envío dos materiais da publicidade a inserir. Neste caso tedes que enviar os arquivos co material gráfico e demais información perfectamente especificados e coa data de publicación (5 de febreiro de 2010).

 Pódense consultar as condicións de participación, económicas e de pagamento nos seguintes contactos:

         SCREEN International (Londres):

Nadia Romdhani

tel: 0044 207 728 5625

nadia.romdhani@emap.com

         ICEX:

Javier Martínez Íñiguez (Xefe do sector audiovisual)

tel: 91 349 1986

fax: 91 349 0685

javier.martinez@icex.es

Categoría: Novas
Etiquetas: