O CGAI PROXECTA UNHA MOSTRA QUE DA CONTA DA HISTORIA DO CINE VENEZOLANO

8 / 11 / 2010

O Centro Galego de Artes da Imaxe comeza mañá martes día 9 de novembro (18 horas) un ciclo de 8 sesións, que se mantendrá toda a semana, adicado á Historia do cine venezolano. O ciclo será presentado ás 21 horas pola representante da Embaixada da República Bolivariana de Venezuela, a cónsul  Luisana Sánchez, coincidindo coa proxección dun dos titulos máis populares do país latinoamericano, MACU, LA MUJER DEL POLICÍA (1987) de Solveig Hoogesteinjn. A entrada a esta sesión é gratuíta.

EL BARRIL CULTURAL. SEMANA DE CINE VENEZOLANO
 
Oito sesións consagradas ao coñecemento da Historia do cine venezolano. Un percorrido histórico e un auténtico barril de contidos culturais onde destaca a figura esencial de Román Chalbaud (1931), do que presentamos tres títulos, do clásico El pez que fuma (1977) á produción épica de trazos revolucionarios de produción recente Zamora (2009). A mostra, heteroxénea, ofrece a primeira película sonora venezolana, La Venus de Nácar (1932); a notable obra do precursor do cine animado José Castillo (1932), inspirado en Norman McLaren; a longametraxe premiada en Cannes La balandra Isabel llegó esta tarde (1949) de Carlos Hugo Christensen; éxitos de recadación e títulos populares, así como unha selección de documentais e pezas de videoarte representativos da produción do país latinoamericano.      
 
MARTES 9 de novembro, 18 horas
LA VENUS DE NÁCAR
(Venezuela, 1932)
Dirección: Efraín Gómez. Fotografía: León Arduin. Duración: 7 minutos.
Primeiro filme venezolano con son incorporado. Restaurado en 1995 pola Fundación Cinemateca Nacional e Bolivar Films.  
 
LA BALANDRA ISABEL LLEGÓ ESTA TARDE
(Venezuela, 1949)
Dirección: Carlos Hugo Christensen. Guión: Carlos Hugo Christensen e Aquiles Nazoa, sobre o conto homónimo de Guillermo Menéses. Produción: Bolívar Films. Fotografía: José María Beltrán. Intérpretes: Arturo de Córdova. Duración: 97 minutos.
Superprodución en forma de melodrama amoroso onde un capitán de barco casado, Segundo, vive unha historia apaixonada con Esperanza, unha muller do porto da Guaira. Cando decide regresar coa súa esposa e o fillo, Esperanza enfeitízao. Premio en Cannes 1951 á fotografía de José María Beltrán.   
 
MARTES 9 de novembro, 21 horas
EL DOMADOR
(Venezuela, 1979)
Dirección e guión: Joaquín Cortéz. Duración: 10 minutos.
Curta documental que describe a vida dos chairegos venezolanos.
 
MACU, LA MUJER DEL POLICÍA
(Venezuela, 1987)
Dirección: Solveig Hoogesteinjn. Guión: Solveig Hoogesteinjn e Milagros Rodríguez. Produción: Cinearte CA e Macu Films. Fotografía: Andrés Agustí. Intérpretes: Daniel Alvarado, María Luisa Mosquera. Duración: 90 minutos.
Macu casa aos once anos cun policía vinte anos máis vello que ela. Aos catorce é nai de dous fillos e namora dun mozo da súa idade, descubrindo a que sería a vida normal da súa idade: encontros amorosos, galanteos, discotecas. O rapaz desaparece e Macu decide buscar a verdade, xa que non está convencida da inocencia do seu marido.  
 
MÉRCORES 10 de novembro, 18 horas
EL PEZ QUE FUMA
(Venezuela, 1977)
Dirección: Román Chalbaud. Guión: Román Chalbaud e José Ignácio Cabrújas, sobre a obra El pez que fuma de Román Chalbaud. Produción: Gente de Cine. Fotografía: Claudio Bolívar. Intérpretes: Miguel Ángel Landa, Claudio Brook, Hilda Vera. Duración: 120 minutos.
El Pez que fuma é o nome dun prostíbulo nada selecto, dirixido pola Garza, madame omnipotente no lugar. O amante da propietaria non ve con bos ollos o novo e atractivo coidador de baños, un adolescente que gaña a confianza da Garza ata desprazalo. A traxedia desencadéase nun dos títulos, xunto a La quema de Judas (1974),  máis coñecidos entón de Chalbaud.
 
MÉRCORES 10 de novembro, 21 horas
IFIGENIA
(Venezuela,1987)
Dirección: Ivan Feo. Guión: Sagrario Berti, Ivan Feo, Ricardo García, Raquel Ríos, Iris Peruga e Noely Van der dys, sobre a novela homónima de Teresa de La Parra. Produción: Aulide Films. Fotografía: César Bolívar. Intérpretes: María Alejandra Martín, Adriano González. Duración: 137 minutos.
Produción xurdida dun obradoiro de guión que Feo dita en 1981. O traballo de cinco estudantes desenvolvido polo director, que empregou estudantes para a película, mesturando docencia e proceso de realización. Retrato da sociedade de Caracas a inicios do século XX. 
 
XOVES 11 de novembro, 18 horas
Programa animación JOSÉ CASTILLO
(Venezuela, 1985-2005)
Dirección, guión e produción: José Castillo. Duración: 40 minutos.
Precursor da animación desde 1975, José Castillo (Caracas, 1932) elaborou un traballo cheo de enxeño e creatividade, despoxado de empregos técnicos sofisticados. As súas ferramentas redúcense a un grupo de pinturas e bobinas de 35 mm nas que intervén cadro por cadro. Obras con poesía moi persoal, Castillo recibiu premios internacionais. 
 
POZO MUERTO
(Venezuela, 1968)
Dirección: Carlos Rebolledo e Edmundo Aray. Guión: Antonio de la Rosa, Carlos Rebolledo e Edmundo Aray. Produción: Carlos Contramaestre. Duración: 30 minutos.
Documental artellado en base ao testemuño dun barbeiro, un xornalista e un pescador. As tres narracións evidencian as funestas consecuencias do peche dun campo petrolífero por parte da compañía internacional que a explota: as condicións infrahumanas e a ruína dos habitantes da zona son un feito.      
 
XOVES 11 de novembro, 21 horas
CANGREJO II
(Venezuela, 1984)
Dirección: Román Chalbaud. Guión: César Miguel Rondon, sobre o libro de Fermín Mármol León Cuatro crimenes, cuatro poderes. Produción: Reinaldo García. Fotografía: Eddy León. Intérpretes: Miguel Ángel Landa, Eduardo Serrano. Duración: 100 minutos.
O comisario León investiga o asasinato dunha muller no seu propio domicilio. A muller foi violada antes de morrer e o caso complícase cando o seu irmán se converte no principal sospeitoso, xa que é un sacerdote. Debido ás implicacións que poderían ter as pesquisas, León vese presionado para que o caso se manteña como un cangrejo, pero el decide cumprir a lei. Secuela de Cangrejo (1982).
 
VENRES 12 de novembro, 18 horas
TOKYO PARAGUAIPOA
(Venezuela-Francia, 1996)
Dirección: Leonardo Henríquez. Guión: Juan Astorga e Leonardo Henríquez. Produción: CNAC, Post Meridian Cinema, Televisión de Actualidad. Fotografía: Cezary Jaworski. Intérpretes: Adolfo Cubas, Kenji Sato. Duración: 90 minutos.
Ryuzo, un mozo xaponés que cometu un crime pasional en Toquio é enviado polo pai a Paraguaipoa para eludir a xustiza. Neste lugar habitado pola etnia wayú coñece a princesa Campánula. O amor con ela e un enfrontamento co contrabandista Challenger eríxense entón nos polos de interese da trama. 
 
VENRES 12 de novembro, 21 horas
ZAMORA
(Venezuela, 2009)
Dirección: Román Chalbaud. Guión: Luis Brito García. Produción: Villa Del Cine. Fotografía: Vitelbo Vázquez. Intérpretes: Alexander Solórzano, Daniela Alvarado. Duración: 120 minutos.
A historia de Ezequiel Zamora, polbeiro e vendedor de gando aos 23 anos, heroe da revolución federal na Venezuela do século XIX, vítima dunha bala asasina disparada por orde dos seus propios compañeiros do partido liberal. A épica, a utopía, as revolucións truncadas e as triunfantes, nunha reflexión sobre o peso da política e da Historia que Chalbaud dirixe logo d´El Caracazo (2005).  
 

Categoría: Novas
Etiquetas: