ARTERIA NOROESTE CONTINÚA COA SÚA FORMACIÓN NO MES DE NOVEMBRO

8 / 11 / 2010

Arteria Noroeste continúa coas súas accións formativas ao longo deste mes de novembro. Deste xeito, os interesados poderán gozar con profesionais destacados en cada unha das materias sobre as que versarán as charlas e master class.

 

Avid Media Composer avanzado
Sábados 06, 13, 20 e 27 de novembro. De 10 a 15h
Profesor: David Pardo
20 horas
 
Curso dirixido a estudiantes de cine, de comunicación, realizadores, montadores, estudantes de artes plásticas ou cualqueira persoa con motivacións no estudio da linguaxe audiovisual que queiran profundizar no ámbito da montaxe non lineal dixital.
 
  
Cine por dentro – Master class
10 de novembro. De 18 a 21h
Profesor: Carlos Montero Castiñeira
 
18:00h a 21:00h Proxección  e Charla/Coloquio con Carlos Montero Castiñeira
 
Licenciado en Imaxe e Son na Universidade Complutense, (1996).Comezou a súa carreira de guionista en Al Salir de Clase. Seis meses despois púxose a escribir casos policiais para EL Comisario, onde creceu como guionista durante catro anos, compartindo equipo con algúns dos mellores guionistas da profesión. (Ignacio del Moral, Joan Barbero, Verónica Fernández). Tras uns meses en Nueva York; colaborou na creación de Génesis, un policíaco para Cuatro. Logo chegaría Física o Química. Creador, guionista e coordinador das tres primeiras temporadas; premio ondas (2009). Agora desenvolvendo un novo proxecto do que quere manter o suspense, como aprendeu en El comisario.
 
Curso de producción musical – mastering
Do 15 ó 18 de novembro. De 16 a 21 h
20 horas
Profesor: Gonzalo Pedrido
 
O obxectivo deste obradoiro é proporcionar os coñecementos suficientes para que o propio músico poda afrontar con solvencia a tarea de masterización dun tema musical, calqueira que sexa  o seu estilo ou estructura. Daránse as claves dos distintos procesos inherentes o mastering (normalización, compresión, ecualización, etc.), que o alumno aplicará sobre un tema propio que traerá para o seu tratamento durante as clases.
 
Guión e narrativa audiovisual
Xoves e venres, do 18 de novembro ó 3 de decembro. De 16:30 a 21 h
27 horas
Profesor: Pablo Portero
 
Curso para amateurs e profesionais do sector audiovisual que queiran profundizar no guión, a narrativa audiovisual, e o análise de guión.
 
Veremos como unha historia nace dunha idea, a estructura, os personaxes, o diálogo,a narración para o audiovisual, o conflicto e triángulos, o principio do fin, o análise do guión e realizaremos visionados.
 
Efectos cinematográficos con After Effects
Do 22 ó 25 de novembro. De 16 a 21h
20 horas
 
After Effects es sinónimo de postproducción en multitud de estudios de cine y televisión en todo el mundo.- El objetivo de este curso intensivo es mostrar al alumno las herramientas específicas que After Effects ofrece en su aplicación cinematográfica. Se trata de acercar a los alumnos el manejo preciso de las herramientas que ofrece After Effects para el cine digital.
 
 
Cine por dentro – Master class
25 de novembro. De 18 a 21h
Profesor: Manuel Gómez Pereira
 
18:00h Proxección El juego del ahorcado, escrita e dirixida por Manuel Gómez Pereira. Drama-thriller con dúas nominacións ós Goya: actor revelación (Álvaro Cervantes) e banda sonora.
 
 
19:45h apróx –  Charla/Coloquio con MANUEL GÓMEZ PEREIRA.
 
En 1973 comenzóu a carreira de Imaxe na facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid. Ese mesmo no comezou a traballar no cine como meritorio na película do seu tío Luis Sanz, Casa Flora (1973). Máis tarde traballou como script e como axudante de dirección con Jaime de Armiñán, Fermín Cabal, José Luis García Sánchez, Andrés Linares, Fernando Colomo, Miguel Hermoso, etc.
 
En 1991 debutou como director de largometraxes con Salsa rosa.
 
Dende 1996 ata 1998 realizou a serie Todos los hombres sois iguales. a serie foi galardoada co Premio Calabuch á Mellor Película en Festival de Peñíscola, o Goya á Mellor Guión Orixinal e o Premio ó Mellor Guión Orixinal polo Círculo de Escritores Cinematográficos.
 
Estreou a película Cosas que hacen que la vida valga la pena en 2004, unha comedia agridulce sobre unha traballadora do INEM e un profesor de autoescola en paro. O filme conseguiu o Premio Especial do Xurado no Festival de Cine de Málaga.
 
En 2006, Gómez Pereira foi nomeado vicepresidente da Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas.

Categoría: Novas
Etiquetas: