NUMEROSOS DIRECTORES CONFIRMAN A SÚA ASISTENCIA A AMAL

19 / 10 / 2010

Cineastas procedentes de todo o mundo viaxarán a Santiago de Compostela para asistir a la VIII Edición do Festival de Cine Euroárabe Amal. Recoñecidos directores, coma o prestixioso director palestino Michel Khleifi ou o iraní Sharham Alidi, premiado na Semana da Crítica de Cannes 2009, asistirán ao festival para presentar as súas últimas películas.

O Festival tamén contará coa participación de xoves promesas da Sétima Arte, como a directora de orixe arxelino Hadif Aboulahyane, ou a directora palestino-jordana Dima Hamdan. Así mesmo, Santiago recibirá tamén a visita de produtores, actores, actrices e guionistas das distintas produccións que compiten dentro da Sección Oficial. 

Todos eles participarán nos diferentes coloquios que se abrirán tralas proxeccións, para intercambiar impresións e responder ás dúbidas plantexadas polo público. 

Hoxe comunicouse que, por razóns alleas á organización, a conferencia de Gema Martín sobre Mundo Árabe e Islámico queda anulada.

Categoría: Novas
Etiquetas: