COMEZA A RODAXE DE “QUERIDA GINA” DE SUSANA SOTELO

19 / 10 / 2010

O pasado 11 de outubro iniciouse a gravación da longametraxe documental Querida Gina, dirixido por Susana Sotelo e producida por Artemática Producciones. Esta road movie relatará a viaxe de Juan e Serafín, dous homes que traballaron coma extras na película Salomón e a raíña de Saba rodada fai 50 anos en España para coñecer á que foi a súa protagonista, a actriz italiana Gina Lollobrigida. Juan e Serafín deixaron a súa vida tranquila da vila de Cans e parten con destino a Subiaco (Roma) nunha viaxe na que tentarán ser recibidos por Gina Lollobrigida. O periplo, nunha camioneta rotulada con imaxes da diva no filme, levará a Juan e Serafín, acompañados do xoven actor inglés Tim Duthie por Valdesparterra (Zaragoza) onde rodaron as súas escenas do filme, Madrid, Cataluña e a Costa Azul. 

Querida Gina é en palabras da súa directora Susana Sotelo “unha historia precisa, porque aborda unha realidade que é a nosa responsabilidade retratar antes de que se extinga”.

 

 

A viaxe pode seguirse a través da web http://queridagina.blogspot.com

Categoría: Novas
Etiquetas: