A alta calidade dos documentais que entraron a concurso na terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, é un dos aspectos destacados polo xurado deste ano integrado por Goran Radovanovic, Dominique Abel, Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira, quen exerceu de presidente do mesmo The mother’s house e Ainda ha pastores? gañadores de Play-Doc nas categorías de longametraxes e curtas
A girl named Kai e I wnat to tobe a pilot reciben ex-aequo o premio Atlántico

A alta calidade dos documentais que entraron a concurso na terceira edición de Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, é un dos aspectos destacados polo xurado deste ano integrado por Goran Radovanovic, Dominique Abel, Ana Isabel Santos Strindberg, Sebastián Talavera Serrano e Pepe Coira, quen exerceu de presidente do mesmo.

O documental The mothers’s house de François Verster foi o gañador na categoría de Longametraxes pola sutil mirada coa que observa, até conmovernos, unha historia complexa, inzada de ira, odio e tenrura sinala o xurado. O premio está dotado con 3.000¤ e o trofeo de Play-Doc obra do tudense Juan Vázquez. Nesta categoría o xurado concedeu tamén dúas mencións especiais a An ordinary family de Fredik Gertten por abordar un fénomeno clave: a desaparición da clase media e a Sisters in law de Kim Longinoto e Florence Ayisi polo valor de dar a coñecer un primeiro paso, que era tan urxente de tomar, polo que unhas mulleres acadan a autoridade de xulgar.

En Curtametraxes o xurado concedeu o premio ex-aequo a A girl named Kai de Kai Ling Xue e a I want to be a pilot de Diego Quemada-Díez por saber usar o cine para facer que as dificultades dos outros non nos sexan alleas. Recibirán cada unha 500¤ e o trofeo Play-Doc.

En Atlántico, onde compiten producións galegas e portuguesas, o premio de 2 mil ¤ e trofeo foise para Ainda ha pastores? de Jorge Pelícano ao considerar o xurado que é unha película feita dende o corazón e que gardará memoria dun mundo que desaparece.

O xurado do festival quixo amais expresar o seu recoñecemento a Play-Doc polo grao de profesionalidade e compromiso que se atopa no equipo organizador do festival, engadindo que eles son responsables do singular ambiente que aquí se respira e que din se resume en que o auténtico protagonista do evento é o público.

No acto de entrega de Premios, celebrado esta tarde no Teatro Municipal de Tui, tamén se outorgaron outros tres galardóns.

O Consorcio Audiovisual de Galicia concedeu a Bs.As de Alberte Pagán o premio Foco Galicia para documentais galegos dotado con 2 mil euros.

O Premio Especial TVG consistente no compromiso de compra por parte da Televisión de Galicia dos dereitos de emisión recaiu en Sisters in law .

E por último premio Play Avid Doc no que competiron cinco equipos que grabaron durante o festival un documental sobre a fronteira, foise para os irmáns Joaquín e Lautaro Mateo Morales. Play-Doc e Avid POR Historias de la línea azul.