A Axencia Audiovisual Galega presenta a súa nova ferramenta para chegar dunha forma máis directa a todos vos. Hoxe vai dar comezo a súa andaina TeutuboTV, unha televisión na rede que ten como obxectivo dar conta da meirande parte das actividades nas que colabore a Axencia Comezan as emisións de TeutuboTV!

A Axencia Audiovisual Galega presenta a súa nova ferramenta para chegar dunha forma máis directa a todos vos. Hoxe vai dar comezo a súa andaina TeutuboTV, unha televisión na rede que ten como obxectivo dar conta da meirande parte das actividades nas que colabore a Axencia.
A primeira emisión farase desde o Play-Doc de Tui, retransmitindo as xornadas O documental, a TV, o cinema e todo o que ven. Unhas conferencias-debate para profesionais emprendedores do audiovisual galego e europeo. O venres, 23 de marzo: O documental: últimas tendencias e o sábado, 24 de marzo: O documental: financiamento e mercado, que hai que facer no século XXI?. O horario será de 11:00 a 14:00.
IMPORTANTE: Para ter un visionado correcto hai que instalar o programa indicado (VLC Media Player) que se pode baixar desde TeutuboTV e, nalgúns casos o Navegador Explorer pedirá a instalación dun control ActiveX, se ocorre isto se lle informará cun pequeno aviso enriba da pantalla polo que clicando neste anuncio se levará a efecto a súa instalación.