NOVAS DO SECTOR: PLAY-DOC ESTREA XURADO INTERNACIONAL PARA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN E AUMENTA A SÚA DOTACIÓN EN PREMIOS

2 / 03 / 2007

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo na cidade fronteiriza, presenta por primeira vez un xurado internacional para conceder os premios das tres categorías a concurso da Sección Oficial do festival: Curtametraxes, Longametraxes e Atlántico. Nesta sección repartiranse un total de 6.000 ¤ en premios, aos que hai que engadir outros premios outorgados pola TVG, o Consorcio Audiovisual de Galicia e o propio festival PLAY-DOC ESTREA XURADO INTERNACIONAL PARA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN E AUMENTA A SÚA DOTACIÓN EN PREMIOS.

Play-Doc, Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar do 21 ao 25 de marzo na cidade fronteiriza, presenta por primeira vez un xurado internacional para conceder os premios das tres categorías a concurso da Sección Oficial do festival: Curtametraxes, Longametraxes e Atlántico. Nesta sección repartiranse un total de 6.000 ¤ en premios, aos que hai que engadir outros premios outorgados pola TVG, o Consorcio Audiovisual de Galicia e o propio festival.

Xurado
Nesta edición o xurado estará composto por Goran Radovanovic, guionista realizador e crítico de cine serbio que regresa ao festival logo de ser un dos premiados na primeira edición de Play-Doc.

Acompañarano Dominique Abel, modelo, actriz e bailarina de gran éxito, esta parisina é tamén guionista e realizadora de obras como “Polígono Sur. A Arte das 3000” polo que gañou numerosos premios nos máis prestixiosos festivais internacionais de cine.

Ana Isabel Santos Strindberg, sueca afincada en Portugal, coordinadora de programación e membro da xunta directiva do Doclisboa e de APORDOC.

Sebastián Talavera Serrano, sevillano, doutor en Comunicación Audiovisual e Publicidade, é Operador de Cámara, Montador e Realizador.

O xurado complétase co lucense Pepe Coira, escritor, crítico cinematográfico e guionista, Subdirector de Voz Audiovisual e Responsable de desenvolvemento en Filmax Galicia.

De novo, o xurado volve ser un dos atractivos de Play-Doc xa que estará formado por profesionais de recoñecido prestixio e nesta ocasión, amais, internacionalizase coa presenza de representantes do panorama audiovisual europeo.

Premios
Os 6.000 ¤ destinados á sección oficial do festival, repartiranse do seguinte xeito: 2.000 serán para a mellor Longametraxe, 2.000 para o Premio Atlántico (para documentais en lingua galega e/ou portuguesa) e 1.000 para a mellor Curtametraxe,

Ademais os documentais galegos presentados na sección Foco Galicia optarán a un premio de 2.000¤ outorgado polo Consorcio Audiovisual de Galicia.

Premio Especial TVG. A canle autonómica outorgará un premio que consistirá no compromiso de compra por parte da Televisión de Galicia dos dereitos de emisión do documental ganador, que será seleccionado por un membro da cadea, de entre todos os traballos que se presentan a concurso na Sección Oficial do festival.
O público tamén será protagonista ao elixir cos seus votos a mellor peza curta rodada durante o festival no concurso Play-Avid.doc.

Como en anos anteriores os trofeos que reciban os premiados serán obra do escultor tudense Juan Vázquez.

Categoría: Novas
Etiquetas: