NOVAS DO SECTOR: OS ESPECTADORES DO PROGRAMA VERSIÓN ESPAÑOLA PREMIAN TE QUIERO MAL, A CURTA GAÑADORA DE COMPOSTELA PLATÓ DA PRIMEIRA EDICIÓN

25 / 06 / 2007

A curtametraxe galega Te quiero mal foi a gañadora do Premio Kodak do Público no VIII Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española-SGAE, dotado con 4000 metros de película virxe OS ESPECTADORES DO PROGRAMA VERSIÓN ESPAÑOLA PREMIAN TE QUIERO MAL, A CURTA GAÑADORA DE COMPOSTELA PLATÓ DA PRIMEIRA EDICIÓN

Santiago de Compostela, luns 25 de xuño de 2007

A curtametraxe galega Te quiero mal foi a gañadora do Premio Kodak do Público no VIII Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española-SGAE, dotado con 4000 metros de película virxe.

Te quiero mal é a historia dunha muller cega, interpretada por Isabel Naveira, que leva unha vida ordenada e independente, ata que un amor (o actor Monti Castiñeiras) entra na súa vida. Dirixida por Mireia Giró e producida por Ficción Producciones, a rodaxe tivo lugar no verán de 2005 e foi posible grazas ó Concurso de Guións para Curtametraxes Compostela Plató, unha das actividades do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela Curtocircuíto. O premio obtido no Concurso Iberoamericano de Curtametraxes Versión Española-SGAE é o último dunha longa lista de galardóns colleitados pola curta nos dous últimos anos.

O premio de Compostela Plató consiste na rodaxe do guión gañador e a súa posterior distribución nunha ampla rede de Festivais dentro e fóra de España. O Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela é unha iniciativa da Santiago de Compostela Film Commission para promocionar a cidade de Santiago de Compostela como un escenario idóneo para rodar calquera tipo de historia, e conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

No 2006 o guión gañador foi Bechos raros; nesta edición foi Historia del arte, o guión gañador do que é autor o madrileño Javier Batanero, unha reflexión sarcástica sobre a arte moderna e o seu aloxamento da realidade das clases sociais máis humildes, protagonizada por Feli Manzano, Luis Tosar, Lino Braxe, Luis Zahera, Vicente Montoto e o propio Javier Batanero. Os días 15, 16 e 17 de Xuño foi rodada na cidade de Santiago de Compostela. A curta será estreada o 20 de Outubro na Gala de clausura do IV Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, Curtocircuíto.

Máis información no teléfono 981 557 871 e no correo electrónico: prensa@curtocircuito.org

Categoría: Novas
Etiquetas: