NOVAS DO SECTOR: O XOVES 28 PRESÉNTASE NO CLUB INTERNACIONAL DE PRENSA UNHA NOVA EXPERIENCIA DE TELERREALIDADE: O GRAN CAMIÑO

25 / 06 / 2007

Comprácenos convidalo o vindeiro xoves 28 de xuño, as 12:00 horas, no Clube Internacional de Prensa, (Avda.de A Coruña, 6-baixo. Santiago de Compostela) á rolda de prensa de presentación do novo programa de Telerrealidade da Galega: O GRAN CAMIÑO CONVOCATORIA ROLDA DE PRENSA PRESENTACIÓN DE O GRAN CAMIÑO

Unha nova experiencia de telerrealidade producida pola Televisión de Galicia en colaboración coas empresas Filmanova e Continental.

Comprácenos convidalo o vindeiro xoves 28 de xuño, as 12:00 horas, no Clube Internacional de Prensa, (Avda.de A Coruña, 6-baixo. Santiago de Compostela) á rolda de prensa de presentación do novo programa de Telerrealidade da Galega: O GRAN CAMIÑO,

O GRAN CAMIÑO, que comezará a súa emisión o sábado 30 de xuño na TVG cunha gala presentación conducida por Carlos Blanco, é un reality que mistura a promoción de hábitos de vida saudables cun concurso eliminatorio; dez concursantes recorren o Camiño de Santiago para superar un gran reto, deixar de fumar.

Para falar do formato, producido pola Televisión de Galicia en colaboración coas empresas Filmanova e Continental e co patrocinio de S.A de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Sanidade, estarán presentes no acto Suso Iglesias, Director Xerente da TVG; Antonio Segade, director de O Gran Camiño; Un representante da S.A de Xestión do plan Xacobeo; Manuel Amigo, Subdirector Xeral de Fomento de Estilos de Vida Saudables; Cani Martínez de Filmanova e Pancho Casal, de Continental Producciones.

O finalizar o acto entre os medios asistentes repartiránse flyers e cds con diverso material do programa como o dossier informativo do concurso, fotos da grabación, dos concursantes, promos…

Máis información en www.ograncamino.net

Categoría: Novas
Etiquetas: